Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

Inaugúrase o Museo Man de Camelle

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 5296
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
5296

O vindeiro 5 de xuño de 2015 as 19:00 horas terá lugar a inauguración da exposición permanente “Museo Man de Camelle”, na Casa do Alemán (rúa do Muelle no 9, Camelle, Camariñas). Esta exposición é a culminación do proxecto financiado polo GAC 3 Costa da Morte e o Concello de Camariñas , “MAN: mar, Arte e Natureza”, centrado na posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, co fin derradeiro de fomentar o turismo na comunidade costeira local.

Manfred Gnädinger era un home en comuñón coa súa contorna na que non só ideou e creou un xardín - museo mariño de esculturas, senón que converteu Camelle (Camariñas) no seu fogar e nun referente do movemento artístico ‘Arte e Natureza’. A musealización do seu legado na ‘Casa do Alemán’, previo rexistro e catalogación en base de datos en liña, presenta un espazo que permite ao visitante mergullarse na especial visión de Man do mundo. Partindo dunha das súas obras fotográficas denominada “Museum vom Einsiedler Man. Camelle (La Coruña).Spanien” (Museo do ermitán Man. Camelle (A Coruña). España), creouse un espazo expositivo no que mostrar as creacións feitas por Man e que configuraban o seu propio proxecto museístico.

A exposición, comisariada pola doutora en BB.AA Carmen Hermo, estrutúrase en varios bloques nos que se vai explicando a vinculación de Man co mar, mostrando as pezas que facía coas crebas; os seus apeiros do artista, ferramentas e instrumentos artísticos que son parte fundamental para a comprensión da súa obra vital; a súa biblioteca, onde conviven libros de arte, filosofía e dicionarios intervidos polo artista con recortes, textos, debuxos e buratos para achegalos ao seu propio imaxinarium; ou as súas libretiñas, cadernos cos que se dá mostra da importancia que lle daba a interacción cos visitantes. Asociada á mostra, elaboráronse unha serie de materiais didácticos para complementar a visitar ao centro, axeitados aos diferentes niveis de ensinanza, así como para profesionais do sector artístico e turístico.

A exposición complétase cunha simulación dixital en 3D que permite o visionado do estado orixinal dalgunhas das pezas que compoñían o seu xardín-museo, recreando a evolución do seu legado. Ademais, o visitante pode beneficiarse do acceso mellorado á zona portuaria e ao espigón a partir da sinalética, un sistema de sinalización permanente disposto estratexicamente polo lugar, deseñado e fabricado segundo a imaxe corporativa do proxecto. Serve coma motivo promocional así coma contedor de información detallada das coordenadas de localización de pezas e os códigos QR.
A exposición permanecerá aberta en horario de verán de martes a domingo de 11.00 a 13:00 e de 16:00 a 19.00 horas. Para reserva previa de visitas guiadas para grupos o número de teléfono é o 981 710 224

Fonte: http://www.camarinas.eu

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Sunday, 22 December 2024