Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

Galicia dedica o seu Día das Artes a Castelao

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 4030
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
4030

Galicia celebrou o ‘Día das Artes, unha conmemoración impulsada pola Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (RAGBA) co fin de recoñecer traxectoria e evolución da expresión plástica dos creadores e creadoras do noso país ao longo da historia.

 Os actos deste ano tiveron lugar en Pontevedra, que están dedicados a Alfonso D. Rodríguez Castelao, unha figura que destaca sobre todo polas súas calidades artísticas polifacéticas e que foi capaz de canalizar o seu talento a través de múltiples formas artísticas que abarcan a música, a ilustración, a pintura, o ensaio, a narrativa, o teatro e o deseño.

A Academia de Belas Artes estableceu por primeira vez o ano pasado a conmemoración neste día en lembranza do 1 de abril de 1188, a data que figura no lintel do Pórtico da Gloria certificando que o Meste Mateo -a quen se dedicou o primeiro ‘Día das Artes Galegas’- foi o seu artífice.

O Museo de Pontevedra acolleu os actos de celebración, que foron presentados polo presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo. Posteriormente a académica Mª Victoria Carballo-Calero Ramos pronunciou unha conferencia baixo o título “Xénese e configuración do Álbum Nós”.

Logo das intervencións, os asistentes fixeron un percorrido pola exposición “Castelao Artista. Os fundamentos do seu estilo”, que permanecerá aberta ata finais do verán no Sexto Edificio do Museo Provincial de Pontevedra.

0
Trackback URL for this blog entry.

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Sunday, 22 December 2024