Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

Compostela acolle a primeira residencia do SeriesLab 2017 do Festival de Cine de Turín

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 11689
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
11689

Entre as doce propostas europeas seleccionadas hai tres proxectos galegos: ‘The Writer’, de Manuel Darriba; ‘The Brussels Bkueprint’, de Alphonse de la Puente e Guillermo Madjarian; e ‘Chrysalis’, de Samuel Lema e Daniel Froiz.

Unha vintena de profesionais de toda Europa participan en Compostela na primeira das tres residencias do encontro SeriesLab, que este ano dá comezo en Galicia grazas á colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o TorinoFilmLab.

Este programa formativo está promovido polo Museo Nacional do Cine de Turín e vinculado ao coñecido festival de cinema da devandita cidade italiana, ademais de contar co apoio do subprograma MEDIA de Europa Creativa.O alumnado deste primeiro ‘workshop’ do SeriesLab 2017, centrado no desenvolvemento de guións para series de televisión son os que foron elixidos (doce proxectos europeos, tres deles galegos). Estas son as propostas elixidas: ‘The Writer’, de Manuel Darriba; ‘The Brussels Bkueprint’, de Alphone de la Puente e Guillermo Madjarian; e ‘Chrysalis’, de Samuel Lema e Daniel Froiz.

A residencia consta de catro xornadas de traballo, durante as que os participantes seleccionados –entre os que se atopan guionistas e directores profesionais dos países adscritos a MEDIA– están a traballar xunto cos titores internacionais nas súas respectivas propostas cara ao deseño do episodio piloto e a presentación da proposta global no foro de coprodución internacional Series Mania. Asistirán tamén a diferentes sesións de grupo, ademais de obter unha primeira valoración da acollida dos seus proxectos a través de presentacións públicas.

Sesións abertas

No marco do SeriesLab 2017 organizaranse dúas sesións informativas, abertas a todos os profesionais da industria audiovisual galega. A primeira delas terá lugar ás 18.00 desta mesma tarde baixo o título ‘Temporada a temporada: consideracións sobre o desenvolvemento de series’ e será impartida polo guionista Nicola Lusuardi, xefe de estudos do encontro. A segunda programouse para a mesma hora do sábado 21 e correrá a cargo do tamén guionista Stefano Sardo, coautor da serie italiana ‘1992’, quen abordará o papel do ‘showrunner’ nas producións europeas.

Este laboratorio intensivo, que inclúe sesións de seguimento en liña, terá continuidade do 10 ao 15 de marzo cun segundo ‘workshop’ que reunirá os participantes na rexión italiana de Friuli Venezia Giulia, mentres que o último se celebrará do 15 ao 21 de abril en París no marco do foro Series Mania, onde os participantes exporán os seus proxectos nun ‘pitching’ internacional e manterán reunións na procura de socios para as súas series.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Sunday, 22 December 2024