Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Home
    Home This is where you can find all the blog posts throughout the site.
  • Categories
    Categories Displays a list of categories from this blog.
  • Tags
    Tags Displays a list of tags that have been used in the blog.
  • Bloggers
    Bloggers Search for your favorite blogger from this site.
  • Team Blogs
    Team Blogs Find your favorite team blogs here.
  • Login
    Login Login form

A Agadic e o Instituto de Cinema portugués organizan en Ourense o I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia

by in Noticias
  • Font size: Larger Smaller
  • Hits: 5560
  • 0 Comments
  • Subscribe to this entry
  • Print
5560

A iniciativa, dirixida a produtoras na procura de socios estratéxicos para os seus proxectos cinematográficos e televisivos, terá lugar o 20 de novembro no marco da vixésima edición do OUFF

Os cinemas galego e portugués estreitarán lazos o vindeiro 20 de novembro en Ourense, onde terá lugar o I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia baixo a organización do Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal (ICA) e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).


A iniciativa, inserida no programa de actividades da vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), diríxese a aquelas produtoras audiovisuais de ambos os países con interese en establecer contacto directo con potenciais socios estratéxicos cara á coprodución de proxectos para cinema e televisión. O obxectivo final é ampliar as oportunidades de financiamento destas propostas e abrir novas canles de distribución e difusión, así como favorecer o intercambio de profesionais técnicos e artísticos entre Galicia e Portugal.

Inscrición
As empresas interesadas en participar neste foro bilateral de coprodución deben remitir ao correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.esThis email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. antes do vindeiro xoves día 5 o formulario de inscrición, dispoñible para a súa descraga desde a sección de avisos do web www.agadic.info. A partir da información achegada polas compañías, as entidades organizadoras elaborarán un dossier para os participantes e organizarán a axenda cara ao desenvolvemento de reunións personalizadas.

O I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia terá lugar o venres 20 de novembro, a partir das 10.00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. As produtoras que acudan con proxectos en fase de desenvolvemento terán a oportunidade de facer unha presentación pública na sesión de 'pitching' coa que arrancará o evento. A continuación, darán comezo as roldas de reunións bilaterais entre compañías galegas e portuguesas, previamente concertadas pola organización.

0

Comments

  • No comments made yet. Be the first to submit a comment

Leave your comment

Guest Tuesday, 08 April 2025