Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Os XXI Premios María Casares, con gala no Teatro Rosalía Castro, xa teñen gañadores/as

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 7691
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
7691

‘O tolleito de Inishmann’, de Contraproducións e FIOT Carballo, faise con 5 galardóns e ‘Eroski paraíso’, de Chévere, faise con 4.

Os XXI Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadores/as. O Teatro Rosalía Castro da Coruña vén de acoller esta noite unha cerimonia de entrega na que un total de 13 espectáculos competían nas catorce categorías nas que se dividen os galardóns do teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

Á gala, que se retransmitiu en streaming polo web da TVG e por diferido na TVG, acudiron máis de 500 convidados, entre autoridades, profesionais do sector, asociados, xornalistas e convidados en xeral. Todos eles asistiron a unha gala ideada e conducida por Pepo Suevos, que neste ano propuxo un espectáculo guiado polo humor e o desenfado que xirou ao redor das relacións entre a administración e a cultura, dous mundos condenados a entenderse.

O elenco estivo conformado por Roberto Leal, Alberto Rolán, Marta Lado, Patricia Torres, Silvana Sestelo e Josito Porto. Ademais, a música púxoa unha banda (conformada polos percusionistas Amaury Quintero e Marcos Jaramillo, o pianista Josep Ruiz; o baixista Juan Perez e o trompetista Daniel Polo) que achegou aos Premios o son cubano. Pola súa banda, Eduardo Alonso recibiu o Premio de Honra Marisa Soto e Imma António leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.

Ao longo da noite déronse a coñecer os gañadores dos Premios María Casares deste 2017. OS RESULTADOS: (entre parénteses o número de premios acadados):

 

-‘O tolleito de Inishmaan’, de Contraproducións e Fiot Carballo (5): mellor iluminación (Afonso Castro), mellor adaptación/tradución (Cándido Pazó, Santi Romay, Alberto Rodríguez), mellor actriz secundaria (María Roja), mellor actor secundario (Evaristo Calvo), mellor actor protagonista (Santi Romay)

 

-Eroski Paraíso, de Chévere (4): mellor música orixinal (Terbutalina), mellor actriz protagonista (Patricia de Lorenzo), mellor dirección (Xron) e mellor espectáculo.

-Voaxa e Carmín, de ButacaZero e Eme2 (2): mellor maquillaxe (Trini F. Silva) e mellor vestiario (Mari Seoane)

-Danza da choiva, de Elefante Elegante (1): mellor espectáculo infantil

-Foucellas, de Talía Teatro (1): mellor escenografía (Dani Trillo)

-Raclette, de Ibuprofeno Teatro (1): mellor texto orixinal (Santiago Cortegoso)

 

DISCURSO DO PRESIDENTE DA AAAG

O presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Ernesto Chao, encargouse de saír ao escenario e ler un discurso no que, en primeira instancia, celebrou a produción escénica do curso pasado. “O ano 2016 deunos unha extraordinaria colleita teatral e polo que puiden ver neste primeiro trimestre deste ano que estamos a andar, seguimos a recoller excelentes froitos”, sinalou Chao quen, ademais, quixo deixar espazo para as reivindicacións no seu discurso.

En primeiro lugar, quixo recodarlles a todos os presentes que tanto o oficio de interpretar no teatro coma no audiovisual está regulado por senllos Convenios colectivos. “En Galicia temos a sorte de contar con dous convenios colectivos”, explicou Chao antes de lembrar que “o deber dun actor é respectarse, valorarse a si mesmo” e que, polo tanto, “cada vez que un intérprete rompe estes convenios, estase infravalorando.

Mais a gran reivindicación do discurso centrouse no ámbito da igualdade. Neste senso, Ernesto Chao fixo un chamamento “aos guionistas, aos directores e directoras, aos dramaturgos e dramaturgas para que pensen nas mulleres á hora de facer o seu traballo”. “Onde están as nosas Medeas? Onde están as nosas Antígonas? Onde estánm as nosas Fedras, as Lisistratas, as Electras, as Hecúbeas e tantas ouras? E que non temos hoxe en día heroínas? Coido que si”, concluíu.

A GALA: DOUS GRANDES PANOS DE FONDO

A gala volveu contar un ano máis con Suso Montero, quen se encargou da escenografía, e Marta Horjales, quen se encargou da produción executiva e a coordinación xeral. A Consellería de Cultura e Educación, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, a Fundación AISGE e a Fundación SGAE patrocinan os premios, que contan coa colaboración tamén do Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Televisión de Galicia, o Centro Dramático Galego, Gadis, e Emsac.

Ao acto acudiron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o concelleiro de Cultura da Coruña, José Manuel Sande, o la vicepresidenta da Deputación, Goreti Sanmartín.

GAÑADORES POR CATEGORÍAS

1. MAQUILLAXE

Trini F. Silva por Voaxa e carmín, de ButacaZero e Eme2

2. VESTIARIO

Mari Seoane por Voaxa e carmín, de ButacaZero e Eme2

3. ESCENOGRAFÍA

Dani Trillo por Foucellas, de Talía Teatro

4. ILUMINACIÓN

Afonso Castro por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo

5. MUSICA ORIXINAL

Terbutalina por Eroski Paraíso, de Chévere

6. Adaptación / Tradución

Cándido Pazó, Santi Romay e Alberto Rodríguez por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo

7. TEXTO ORIXINAL

Santiago Cortegoso por Raclette, de Ibuprofeno Teatro

8. ACTOR SECUNDARIO

Evaristo Calvo por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo

9. ACTRIZ SECUNDARIA

Maria Roja por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo

10. ACTOR PROTAGONISTA

Santi Romay por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo

11. ACTRIZ PROTAGONISTA

Patricia de Lorenzo por Eroski paraíso, de Chévere

12. DIRECCIÓN

Xesús Ron por Eroski paraíso, de Chévere

13. ESPECTÁCULO INFANTIL

Danda da Choiva, de Elefante Elegante

14. ESPECTÁCULO

Eroski paraíso, de Chévere

Parabéns a todolos/as premiados/as e nominados/as

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024