Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O Play-Doc celebra a súa 13ª edición cunha renovada aposta polo cinema galego

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 7912
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
7912

O Festival Internacional de Documentais de Tui, que arranca este mércores, exhibirá 12 películas de autoría galega que representan distintas formas de se achegar ao cine de non ficción

O Play-Doc de Tui presentou hoxe a programación da súa décimo terceira edición, que se desenvolverá do mércores ao domingo e para a que volve contar co apoio da Xunta. A contribución deste ano materialízase nunha achega de 32.400 euros a través da convocatoria de subvencións da Agadic a festivais do sector audiovisual.


Os directores de Play-Doc, Sara García e Ángel Sánchez, estiveron acompañados nesta presentación polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o director da Agadic, Jacobo Sutil; e o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal.
 
Jacobo Sutil fixo fincapé na renovada aposta do festival pola produción galega máis actual a través da sección ‘Cinema galego’, que este engloba 12 películas que representan distintas formas de entender o cine de non ficción e entre as que destaca, así mesmo, unha forte presenza feminina.
 
Estreas mundiais
Así, esta semana poderá verse en Tui a multipremiada nos recente Mestre Mateo ‘Esquece Monelos’, de Ángeles Huerta, xunto con cinco estreas mundiais (‘Aysha’, de Fon Cortizo;  ‘Una vez fuimos salvajes’, de Carmen Bellas; ‘Lenda Negra’, de Elisa Celda, Claudia Gracia, Mario Sanz e Óscar Vincentelli; ‘Quiasma’, de Tono Mejuto, e ‘O equilibrio dous opostos’, de Alberto Baamonde) e unha preestrea (‘Rapa das bestas’, de Jaione Camborda. Completan a selección galega ‘La fuga de los 45’, de Cristina Caamaño; ‘Montañas ardientes que vomitan fuego’, de Helena Girón e Samuel M. Delgado; ‘Rust’, de Eloy Domínguez Serén; ‘Manuel Vilariño. Ser luz’, de José Manuel Mouriño; e ‘Vai chover’, de Santiago D. Risco.
 
O director da Agadic cualificou de “fórmula de éxito” a desenvolvida polo Play-Doc, que medra en cada nova entrega e que vai máis alá da mera exhibición para incidir no labor de difusión do xénero documental entre o público galego. Para Jacobo Sutil, esta especialización e a súa rigorosa traxectoria, xunto co interese da súa carteleira e a calidade das súas actividades complementarias –accións formativas, concertos ou o proxecto de película colectiva ‘Ida e volta’, entre outras– sitúan esta cita nun moi destacado lugar no mapa de festivais galegos. Tamén estas características motivan que este ano repita como mostra subvencionada pola Agadic.
 
Dominic Gagnon
Estreas mundiais, óperas primas e xoias do pasado rescatadas para a ocasión forman parte da oferta do XIII Play-Doc. A maiores da súa especial atención á produción galega, o festival desenvólvese arredor da competicióninternacional e de diferentes seccións especiais, como a que lle dedica ao franco-canadense Dominic Gagnon, director tan innovador como polémico, quen visitará Tui para a exhibición de cinco dos seus filmes e a preestrea da súa última obra, así como para impartir unha masterclass e para presentar un programa especial de Cinéma Direct canadense.
 
Como explicou o director da Agadic, a colaboración da Xunta de Galicia co Play-Doc esténdese tamén á actividade do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia), que contribúe á difusión das figuras internacionais que cada ano visitan Tui. Neste caso, a filmoteca galega dedicaralle a Dominic Gagnon unha retrospectiva do 27 de abril ao 7 de marzo na súa sede da Coruña.

-Play-Doc de Tui

0
URL de las referencias para esta entrada

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024