Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O VIII Festival Internacional de Teatro de Ourense céntrase na creación escénica feminina

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 6016
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
6016

Presenta espectáculos de 18 compañías. As compañías galegas Matarile, Lucecús, Matrioshka, Elefante Elegante, Funboa, Mulleres Creando e o teatro de rúa de Trécola comparten carteleira con formacións doutros puntos de España, Portugal, Francia, Italia, Suíza, Bolivia e Arxentina.

A Agadic apoia a celebración do VIII Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que se desenvolverá do 2  ao 12 de outubro coa participación de 18 compañías de distintos xéneros e procedencias. O abano de propostas comprende as producións de sete compañías galegas e de 11 doutros puntos España, Europa e Latinoamérica.

Organizado por Sarabela Teatro e dirixido por Ánxeles Cuña, o FITO presentou hoxe os contidos da súa edición de 2015 nun acto no que a responsable do festival estivo arroupada por representantes das institucións e entidades patrocinadoras: Concello de Ourense, Xunta de Galicia, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, Deputación Provincial de Ourense e Universidade de Vigo.

Na rolda de prensa, que foi presidida polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, participou o director da Agadic, Jacobo Sutil, quen explicou que o FITO é un dos nove eventos escénicos subvencionados este ano a través da convocatoria específica de axudas públicas, pola que resultou adxudicatario de 25.300 euros.
 
Pulso ás novas compañías
Sutil, que aludiu ao FITO como a “plataforma teatral por antonomasia de cada inicio de temporada no Sur de Galicia”, destacou a oportunidade que brinda o festival para ‘tomarlle o pulso ás novas compañías galegas que están a traballar no país’ e subliñou que sexa o espazo escollido para a estrea absoluta de ‘El cuello de la jirafa’, o novo espectáculo que Matarile Teatro representará na antiga capela do campus universitario os días 10 e 11 de outubro.
 
O director da Agadic detívose, así mesmo, na elevada presenza de traballos femininos na programación, aos que se lles dedica un especial tratamento. De feito, o calendario de actividades do FITO inclúe tres propostas en sala baixo o epígrafe Mulleres Creando, así como un encontro especial, que terá lugar no Auditorio Municipal de Ourense ao longo dos nove días de celebración do festival, para dotar de visibilidade o importante papel das produtoras, directoras, dramaturgas, actrices ou bailarinas dentro do panorama escénico actual. Tamén as mesas de reflexión tituladas ‘A dramaturxia feminina en Galicia’, ‘A creación feminista en Galicia’ e ‘Ser actriz. A tiranía do perfil’ contribuirán a este obxectivo marcado polo FITO.   
 
Variedade de propostas
O FITO 2015 amosará os últimos espectáculos de seis compañías galegas que achegan novos estilos e poéticas. Así, xunto coas devanditas propostas de Matarile, de Mulleres Creando e dos pasarrúas diarios a cargo dos ourensáns Trécola, figuran na carteleira Lucecús Teatro con ‘A órbita dos lucecús’, Matrioshka Teatro con ‘C’est la vie’, Funboa Escénica con ‘Sushi gratis’ e Elefante Elegante con ‘Kassa’.
 
Tamén estarán en Ourense outras 11 compañías de fóra de Galicia, como son La Veronal (Cataluña), que abrirá o festival o día 2 con ‘Islandia’, para dar paso nos seguintes días a Los Lunes (Madrid) con ‘Ayuda’, Pablo Rivero (Madrid) con ‘Cuarteto’, Teatro de Los Andes (Bolivia) con ‘Mar’, Hongaresa (Valencia) con ‘Serenata para un país sin serenos’, Teatro Art’Imagen (Portugal) con ‘As veias abertas da humanidade. Memória de amor e Guerra’, Marco Canale (Arxentina) con ‘El futuro empezó ayer’, L’Alakran (Suíza) con ‘Kairos, sísifos e zombis’, Lolita Corina (Cataluña) con ‘Brujas’, Frida Kahlo (Italia) con ‘La Merda’ e Candelita (Francia-Portugal) con ‘Vecindarios’.
 
O programa de funcións, que terán lugar maioritariamente no Auditorio Municipal e no Teatro Principal, completarase con outras actividades como un curso que impartirá o creador e intérprete arxentino Marco Canale, un coloquio sobre festivais e encontros en España e Francia e dúas reunións entre profesionais do sector das artes escénicas de Galicia e entre dramaturgos e dramaturgas galegas.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Jueves, 26 Diciembre 2024