Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Isabel Risco: “Nós non lle restamos o mundo, sumámoslle”

por en Entrevistas
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 10731
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
10731

Inauguramos a sección de entrevistas con Isabel Risco, a grande actriz galega recentemente galardoada co premio á mellor actriz no FETEGA (Festival de Teatro Galego) e o premio á mellor actriz de reparto nos premios Mestre Mateo do ano pasado. Unha conversa na súa casa, que se desenvolve a partires de 10 preguntas que lles formulamos ás nosas protagonistas.

 

1. Defínete en dúas palabras.

Cóstame moito traballo definirme porque non me vexo, pero tampouco está ben dicir que non te ves porque implica que non te analizas, así que definiríame como galega, propiamente dita. E a outra, como teño unha diarrea mental bárbara, sería eclecticismo, ecléctica, que complementa a anterior. A primeira –galega- é condición principal, condición sine qua non.

2. ¿En qué medio se atopa Isabel Risco “na súa salsa”? Cine/Tv/Teatro

En calqueira deses formatos xa estou, porque trátase de traballo e de ter a sorte de telo que xa é moi complicado e cada vez máis, e aínda por riba traballo no que me gusta. Se tes a sorte de adicarte o que che gusta é porque tiveches moita, moita, moita sorte. Eso de nacer cun don, eu non creo niso, é máis grazas ao apoio do teu entorno que bota abono para que agrome ese talento. No teatro hai contacto directo co público, máis próximo , telo aí diante. Traballas para el e é quen máis respeto merece xa que neste medio o propio público mándache a súa enerxía, coma combustible agrícola. b2ap3_thumbnail_DSC06260R.jpg

No cine teño menos experiencia, a pouca que teño é o máis parecido, claro, á televisión porque é audiovisual. Participei por exemplo nunha coproducción galego-brasileira (“Ónde está a felicidade?”), pero non tiven ningún personaxe protagonista en cine, tiven pequenos papéis que os fas con total respeto, so faltaría! Despois, na tele tes máis identificado o público á quen vai dirixido, é dicir, se fas traballos para a TVG por exemplo, sabes que vai dirixido ás galegas e aos galegos. E teño que recoñecer que gozo moito máis nas actuacións de teatro cando estou cunha compañeira ou un compañeiro, por egoísmo puro e duro xa que repartes a responsabilidade. Eu adestrei moito co “clown” que aínda que pode ser individual, tamén traballa moito o dúo no que o foco pasa dunha a outra, e cando ti estás nun marronazo, a túa compañeira sálvalte. Tamén funciona á inversa, claro.

3. ¿A mellor lembranza de todos os traballos realizados?

Unha experiencia que nunca tivera, con moitos nervios e currando con moita intensidade foi cando presentei xunto a Marián Bañobre os premios María Casares, que deu pé a “O Furancho”. A gala é un formato especial porque é algo moi concreto, e traballamos con improvisacións e co apoio de Santi, o director, que foi fiando o texto a partires das nosas improvisacións, e que tivo a idea orixinal. E tamén polo feito do que significa presentar a Gala María Casares porque é a dos Premios Nacionáis de Teatro e por quen era María Casares, unha actriz galega que triunfou en Francia en plena ditadura española, e que ten incluso unha praza en Avignon. Penso que temos que saber qué é o que temos nós, para así poder reivindicar o noso.

4. ¿Cómo ves a situación actual da cultura galega en xeral?

A cultura non debe ser algo das elites, senón do pobo, como pode ser a agricultura ou a pesca. De tal importancia é que até nos da de comer, e se están acabando con íso, pois imaxinade o que lle está a acontecer ao resto, o que chamamos cultura de lecer. A situación da cultura galega é mala, é moi mala. Pero penso que sempre hai un movemento por debaixo, un movemento de base, que é o que mantén a cultura e que é moi difícil que acaben con el, por moito que o intenten. Xa se demostrou ao longo da historia, que contra a cultura poden ir, mais non poden acabar con ela. É unha mágoa cando se perden anacos de cultura tradicional, por exemplo, ou rituáis ancestráis, pois pérdese un patrimonio importantísimo. Pero como somos un pobo moi duro, de condición granítica e ácida e temos un mar moi bravo, conseguimos preservar cousas a pesares dos constantes ataques e machaques. E a nosa cultura é unha visión da realidade, que é a nosa posición diante do mundo, e ir en contra diso creo que é unha auténtica barbaridade, unha barbarie, xa que nós non lle restamos o mundo, sumámoslle!

5. O personaxe co cal te sentes máis identificada.

A min sempre me gustou Beti (Air Galicia). Había días que me dicía a min mesma: “hoxe quero estar de Beti todo o día”, e despóis, Nabiza Girl, que como é algo que tiven que ir montando para saír adiante pois en realidade son eu.

6. ¿Qué foi o que aconteceu con Trinke –Trinke?

Vai facer xa quince anos que levo eu no Trinke-Trinke, unha compañía especializada en Teatro infantil e en Contacontos. Somos unha familia de ratiños de biblioteca, a a familia Ratapón, gran parte do volume de traballo estaba nas Bibliotecas mb2ap3_thumbnail_DSC06283R.jpgunicipáis da Coruña. O teatro de Trinke-Trinke xurdiu como unha idea para as bibliotecas en Coruña, candocomezaba a rede de bibliotecas coa de Durán Loriga, e foi crecendo o longo do tempo, incorporando novos membros á familia co paso dos anos, sempre coa colaboración das bibliotecarias da rede municipal. Daquela convertíuse nunha actividade de especial protección, porque é unha actividade cultural, e foi algo que xurdiu así, non se lle contratou a ninguén e pola súa prolongación no tempo tiña moito asentamento entre as veciñas e veciños da Coruña. E foi evolucionando ca xente. O mesmo tempo, era moi importante o traballo que facían as bibliotecarias axudando o impulsor do tema, David, e a todas nós, porque revisaban e axudaban nos guións, na selección de contos e buscando sempre a parte didáctica e a parte divertida, e ao mesmo tempo unha actividade de promoción da língua. O caso é que no 2014 o PP sacou a licitación o tema da animación nas bibliotecas, cousa que non se debe facer, polo menos moralmente, cunha actividade de especial protección cultural como é este caso. Eu entendo que se pense que hai que dar oportunidades a outras persoas para que entren a traballar nas bibliotecas, pero eso é complementario, ou pódense modificar cousas, pero isto non era so o Trinke-Trinke. Era o Trinke-Trinke e o traballo das bibliotecarias o longo de vinte anos, e tamén a amplia implantación social que tiña. Arestora segue a funcionar como Compañía de Teatro. Traballa en Cambre, en Oleiros, fóra da comarca da Coruña, pero como o máis importante eran as Bibliotecas, a consecuencia desa baixada no volume de traballo eu, por exemplo, xa non estou no Trinke-Trinke.

7. Fálanos de Nabiza Girl e de Ibuprofeno Teatro.

Ibuprofeno Teatro é a compañía de Marian e de Santi. Marian e mais eu xa nos coñecíamos de vista, hai 15 anos, e a través de Cooperativa que xurdiu naquela época, que era a que empezou con Festi-Clown, presentáronos nun obradoiro. Xuntáronnos nun dúo e viron que tiñamos moita conexión, até nos preguntan agora se somos irmás! O traballar as dúas no Clown, no que traballas coa improvisación, es ti mesma, non tes nada máis, traballas coa comicidade que tés dentro, porque o Clown sácache o que tes dentro, resulta un moi bo adestramento para sincronizarse e compenetrarse. É como se sacase para fóra a túa esencia co cal o seu personaxe no Furancho “flota” máis e o meu é máis directo.

8. ¿Cánto hai de Isa Risco en Nabiza Girl?

Moito, e moito do país! Porque para construir este personaxe, inspiréime nas mulleres traballadoras deste país, con todos os meus respetos, e na nosa capacidade de rirnos de nós mesmos. Temos moitas cousas boas e temos que aprender a reivindicalas.

9. Sabemos que asumiches unha posición política clara, posto que militas no BNG e incluso fuches nas listas para as eleccións municipáis deste 2015. ¿Qué supuxo para ti esta decisión a nível laboral?

Eu milito dende os 18 anos, daquela ninguén se pode sorprender. O de ir nas listas é porque a asemblea pertinente o decidiu, xa que no BNG funciona todo de xeito asembleario. Ese posto non é meu, é da organización, que tivo a “inconsciencia” de poñerme nesa lista (risas). De tódolos xeitos, sei que hai preocupación polo tema laboral como me contan compañeiras e compañeiros e sí que é certo que implicarse neste país para defendelo e posicionarte políticamente como nacionalista pode traer consecuencias non desexadas.

10. CULTURA GALEGA: ¿Qué pensas ti que debemos facer a xente da rúa a cotío para promover a nosa cultura?

b2ap3_thumbnail_DSC06288R.jpgPara os totalitarismos a cultura é unha ferramenta, unha arma, porque abre mentes, desenvolve o espíritu, fomenta a identidade colectiva. E a cultura galega é mala para o sistema que nos pretenden impoñer, un sistema que pouco variou dende os Reis Católicos. Simplemente é que agora temos móbiles e conexión á Internet. Agora está todo agochado, móstrannos unha democracia que non é real, e aínda por riba ca non-democracia do capitalismo. Porque para min, non existe democracia no Estado Español mais podes pensar que a hai en Francia, ou Reino Unido polo tema do dereito a decidir de Escocia, pero a realidade é que temos, a maiores, a dictadura do capitalismo.

A xente da rúa que pense primeiro en qué se gastan moitísimos cartos públicos, cartos deles e delas e que podían reivindicar que se gastasen noutras cousas e que repercutisen no seu propio beneficio, porque a cultura galega é beneficio sempre, íso por un lado. E logo que pensen cánto lles cobran por algo tan efémero como un cubata (que me parece moi ben que se tome), pero que en proporción é moito máis barato un concerto ou unha obra de teatro. Ísto é o máis típico e tópico que se pode decir, mais se un goberno non apoia a súa propia cultura fai que a xente se teña que buscar a vida, pola necesidade que temos de cultura. Estamos metidas nunha trampa. A cultura é necesaria, tamén a cultura do entretemento, non falo de ter que estar lendo todo o tempo “tochos” de 500 páxinas (risas) A xente ten que querer gozar coa súa cultura, que é a visión que temos nós do mundo, e é o que lle podemos ofrecer o mundo, porque aportamos moito.

COLLEITA PROPIA: Dúas frases para dicir o que che pete! ;)

Pois unha frase que para min recolle moito da filosofía galega, o que respostou un paisano de Cambre cando lle preguntaron: “¿Vou ben por aquí a Sigrás?” e el contestou: “Ir, vas, pero o camiño non é!”.

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Jueves, 21 Noviembre 2024