Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

No bico un cantar reúne en Cangas 500 nenos e nenas de toda Galicia para cantar a lírica medieval

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 5064
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
5064

Alumnos e alumnas dos conservatorios galegos de música profesional e de tres centros de música do Morrazo participan neste proxecto educativo e cultural.

As cancións dos xograres e trobadores medievais son as protagonistas da cuarta edición de No bico un cantar, un programa didáctico e cultural que ten como eixos a música, a poesía e a mocidade. A cita xuntará mañá venres en Cangas, ás 17:30 horas,  un gran coro formado por 500 nenos e nenas chegados dos conservatorios de música profesional de Galicia e de tres centros de música do Morrazo para cantarlle ao mar de Vigo. 

O concerto, organizado polo Consello da Cultura Galega e pola Consellería de Cultura e Educación, coa colaboración do Concello de Cangas, acollerá a estrea da versión musicada do poema “Pois nosas madres van a San Simón” de Pero Viviaez a cargo do compositor Rogelio Groba.

O repertorio do concerto
O programa desta edición de “No bico un cantar” está conformado por poemas de diferentes xograres e trobadores que recollen trazos da lírica medieval: “A Cançao do marinheiro”, de Lourenço, con música de Heitor Villa-Lobos, xunto con dúas obras moi populares como son a cantiga de Martín Códax "Quanto sabedes amar” e “Ondas do mar de Vigo", unidas nunha única peza, e "Rosa das Rosas", de Alfonso X O Sabio. Canda elas, e como vén sendo habitual neste programa, o Consello da Cultura Galega encargou a composición musical dun poema. Nesta ocasión trátase da estrea da versión que Rogelio Groba fixo de "Pois nosas madres van a San Simón”, de Pero Viviaez. O concerto remata co “Maio longo”, de Rosalía de Castro, musicado por José Baldomir, como vén sendo unha tradición neste programa desde a súa creación en 2013.

O recoñecido pianista e director Maximino Zumalave repite como responsable artístico deste proxecto que xuntará medio millar de nenos e nenas chegados de diferentes conservatorios de música profesional de toda Galicia, do conservatorio de musica de Cangas e das escolas municipais de música de Cangas e Moaña. Nesta ocasión tamén repite o grupo de metais Hércules Brass, un quinteto de diferentes instrumentos (trompeta, trompa, trombón e tuba) ao que se incorpora un músico para conformar un sexteto que complete o proxecto.

A escritora Rosa Aneiros exercerá como mantedora do acto e na súa intervención destacará a riqueza da lírica medieval ao lembrar trobadores como Johán de Cangas, Martín Códax ou Meendinho. Ademais, tamén lembrará as Irmandades da Fala e algúns creadores da zona como Bernardino Graña.

O concerto, que terá lugar ás 17:30 horas no adro da igrexa de Santiago de Cangas, poñerá o peche a unha xornada de actividades na que está programada unha visita cultural á vila de Cangas, así como unha proxección audiovisual.

Alén da organización a cargo do Consello da Cultura e da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura e Educación así como da colaboración do Concello de Cangas, as empresas Eroski Center, Torre de Núñez e Hoxe Queixos colaboran na manutención das persoas que participan na xornada.

No bico un cantar
Unha frase de Curros Enríquez a Rosalía, “No bico un cantar”, deulle nome a un proxecto do Consello da Cultura Galega e da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura e Educación que naceu en 2013 co obxectivo de dar a coñecer poetas recoñecidos da nosa desde un punto de vista musical. Nese ano, cando se cumpría o 150º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de Padrón foi a protagonista deste concerto que se desenvolveu en San Domingos de Bonaval. A segunda edición trasladouse a Celanova, por ser o lugar de nacemento de Curros Enríquez. Nesa edición estrouse a versión musical do poema de Curros “Nouturnio”, que o CCG lle encargou a Xabier Comesanha.  En 2015, a cita trasladouse a Cambados para cantar a Ramón Cabanillas.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024