Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Guadi Galego: "A cultura é diversa e ambigua, fonte de reflexión dos pobos."

por en Entrevistas
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 8432
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
8432

Entrevistamos a Guadi Galego, unha das nosas grandes referentes musicais dende hai xa uns anos e que ven de ser galardoada co Premio Martin Codax da música.

Guadi Galego, natural de Cedeira, A Coruña, comeza a súa andaina musical sendo moi nova, estudando música no conservatorio da Coruña e música tradicional en distintos grupos da zona. No ano 1997 entra a formar parte do grupo Berrogüetto, no cal estivo dez anos exercendo como cantante e gaiteira.

Con esta banda acadou un grande recoñecemento internacional e gravou tres discos: Viaxe por Urticaria (1999) e máis Hepta (2001), ámbolos dous calorosamente recibidos pola crítica e obxecto de varios premios e recoñecementos, entre eles, o de Mellor Grupo Folk Europeo do ano 2000 e unha candidatura aos Grammy Latinos na súa edición de 2002.

Tamén gravou o álbum 10.0 (2006) que acadou o segundo premio Opinión de mellor disco galego do ano e a candidatura aos Premios da Música coa súa canción ”Xente”.b2ap3_thumbnail_39576_110965025635810_4881872_n.jpg

No ano 2005, Guadi Galego gravou, en formación de dúo, o álbum “Espido”, xunto a Guillerme Fernández, álbum que foi o seu proxecto máis íntimo e persoal, chegando a recibir o segundo Premio Opinión ao mellor disco galego do ano 2005. No 2006 edita “Nordestin@s” xunto con Abe Rábade e Ugía Pedreira, séndolles entregado tamén o Premio ao Mellor Disco Galego.

No ano 2009 sae á luz “BENZÓN”, o seu primeiro proxecto en solitario, aclamado pola crítica galega e española, logrando obter o premio ao mellor disco do ano e a candidatura aos Premios da Música.

No ano 2012 xorde “aCadaCanto”, un proxecto colectivo con Xosé Lois Romero, Guillerme Fernández e Xabier Díaz. Con eles edita os discos “aCadaCAnto” e “A Rosa da Adina”, ademais dun Ep homenaxe a Rosalía de Castro.

Finalmente, no ano 2014 publica en Fol Música “Lúas de Outubro e Agosto”, un xiro no son de Guadi Galego que consegue gran éxito de vendas e críticas.

Fixo numerosas xiras por Galiza, Portugal, España, Austria, Arxentina, Dinamarca, Cuba… e un fato máis de recunchos espallados polo mundo adiante. A figura de Guadi Galego destaca pola súa capacidade para a composición e a súa versatilidade á hora de interpretar.

 

 

1. Defínete en dúas palabras.

Empática e simpática.

 

2. ¿En qué faceta da súa vida artística se atopa Guadi Galego máis cómoda?, ¿Como solista ou como integrante de proxectos musicais colectivos?

Nas dúas, pero sempre me atopo mellor acompañada que soa.

 

3. ¿Cómo ves a situación da cultura galega en xeral?

Estamos nun momento moi rico a nivel cultural pero que require un esforzo moi grande por parte de todos nós. Sufrimos recortes e estamos gravados con grandes impostos que impiden que repiremos económicamente e non permiten a profesionalización total de certos sectores como pode ser o da música. 

 

4. ¿Qué pensas ti que debemos facer a xente da rúa a cotío para promover a nosa cultura?

Consumir cultura galega sen complexos.

 

5. Lúas de Outubro e Agosto foi un éxito, ¿en que pensas que radica a tan boa acollida que tivo este traballo?

Nun fato de cancións que a xente podía cantar. Nun traballo para todos os públicos cun son un pouco distinto ao habitual. b2ap3_thumbnail_2015100301375334596.jpg

 

6. Fálanos de “Matriarcas”, ¿que significa para ti esta canción?

É unha canción de amor, ás mulleres da miña vida... Só iso e todo iso.

 

7. Vivir da música en galego, ¿quimera ou realidade?

Quimera...e futura realidade.

 

8. O concerto ou actuación máis emotiva para Guadi Galego. ¿Por qué?

Arxentina ano 2000. O pasado feito presente. A emigración en estado puro.

 

9. ¿Que sentiches ao recibir o Premio da Crítica 2015 polo teu traballo musical?

Sorpresa...e alegría. Sobre todo sorpresa, é un premio moi importante, e aínda son nova para ese premio... heheheh. Agradecemento supoño.

 

COLLEITA PROPIA: Dúas frases para decir o que che pete ;)

A música non se divide en xéneros senón en emocións.

A cultura é diversa e ambigua, fonte de reflexión dos pobos.

 

Matriarcas-Guadi Galego. Concerto no Castelo de San Antón, A Coruña (Agosto 2015).

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Jueves, 21 Noviembre 2024