Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Centenario do Levantamento de Pascua

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 4581
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
4581

Goretti Sanmartín destaca a relación da cultura galega e irlandesa na visita do embaixador David Cooney.

A vicepresidenta da Deputación e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín destacou as múltiples ligazóns entre Galiza e Irlanda a recepción o embaixador David Cooney na súa visita á Coruña con motivo da conmemoración do centenario do Levantamento de Pascua.

"Os dous son países marítimos, con amplas e antigas relacións comerciais, os dous son países de emigración e, sobre todo, entre os dous houbo sempre interesantes relacións culturais, mesmo até o punto de se estableceren paralelismos entre o renacemento literario, cultural e político galego irlandés", sinalou a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín na visita institucional do embaixador de Irlanda, David Cooney que visita á Coruña da man da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña para conmemorar o centenario do Levantamento Irlandés de Pascua. Na recepción institucional no salón de plenos da Deputación participaron tamén representantes doutros grupos con representación na Corporación.

A tamén responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín, sinalou que nesa relación podía remontarse a Murguía e a Cova Céltica, mais situou en 1916 ano chave do inicio das relacións entre as "naciós irmás" coas Irmandades da Fala "pois para o incipiente nacionalismo Irlanda sempre foi un exemplo a seguir", dixo. Con respecto a esa relación histórica, Goretti, identificou a Xeración Nós como a "etapa máis vizosa" nese encontro co achegamento á literatura irlandesa e a publicación de traballos que afondaban nesas relacións, entre eles, traducións de literatura irlandesa ou autores irlandeses por parte dos irmáns Vilar Ponte, Otero Pedraio ou Plácido Castro, director da primeira emisión radiofónica estábel en lingua galega na BBC de Londres, autor que viviu longas etapas da súa vida no Reino Unido e deixou "páxinas de inmenso amor e recoñecemento por esta terra".

Situou Goretti Sanmartín a conmemoración galega do Levantamento de Pascua como un chanzo máis nese encontro das dúas culturas e desexou que "os pobos irlandés e galego poidan un día tamén tamén ver os seus territorios e continuar a contar os seus relatos, achegando así, desde a súa orixinalidade particular, a súa especial contribución á cultura universal".

Pola súa parte, o embaixador David Cooney destacou tamén as similitudes de Irlanda e Galiza, desde a paisaxe ao clima ou as relacións culturais, e mostrou a súa satisfacción pola conmemoración galega do Levantamento de Pascua que foi, segundo destacou, "un momento clave na historia de Irlanda, co cal é moi especial que agora se celebre tamén en Galiza".

O presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Fernando Souto, participou na visita e convidou a participar nos diversos actos promovidos pola entidade con motivo do aniversario do acontecemento que se prolongarán desde este luns ao vindeiro mércores 16 de marzo no que se desenvolverá unha lectura pública da proclamación da República no Monumento a Curros na Coruña ademais doa retransmisión ao vivo da 1916 Gala Event ás 20:00 no Hotel Riazor. O programa completarase con conferencias de David Clark e Antonio R. de Toro o martes día 8 na Fundación ABANCA, e a presentación do monográfico da Revista Murguía dedicado ás Irmandades con Pilar García Negro e Uxío-Breogán Diéguez na Librería Sisargas ás 19:30.

 
0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Jueves, 18 Abril 2024