Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Actividades conxuntas de Cultura e a Fundación Manuel María para renderlle tributo ao homenaxeado coas Letras Galegas 2016

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 4584
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
4584

Colaborarán en diversas actividades co fin de poñer en valor a súa figura e estudar e divulgar a súa obra

O conselleiro de Cultura, gabou a figura de Manuel María -a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas- porque, máis aló da súa calidade literaria e da súa prolífica obra poética, “foi un home comprometido coa cultura, coa sociedade e co idioma dun xeito absoluto”. O conselleiro fixo esta loa na terra natal do poeta, en Outeiro de Rei, onde asinou un convenio coa Fundación Manuel María de Estudos Galegos, nun acto ao que tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

O acordo entre as partes servirá para colaborar na actualización do pensamento e da memoria do autor chairego, así como na divulgación da súa obra. Ao abeiro deste documento, a Consellería achegará un total de 22 000 euros para levar a cabo actividades de carácter cultural e de normalización e dinamización lingüística, así como para elaborar material divulgativo sobre a súa Casa-Museo e a súa obra literaria.
Precisamente, o conselleiro subliñou a vontade de normalización lingüística desde a vangarda histórica de Manuel María, a quen definiu como “poeta popular e do pobo e home con firmes conviccións cívicas”. O responsable de Cultura do Goberno galego lembrou tamén que Manuel María foi o primeiro autor novo en publicar en galego tras a Guerra Civil, que foi un dos precursores da poesía infantil no franquismo e un dos autores máis musicados das nosas letras, polo que dedicarlle o Día das Letras Galegas é un acto de “xustiza de recoñecemento” a un dos grandes autores galegos de todos os tempos.

Actividades promovidas en colaboración coa fundación
Segundo o convenio asinado hoxe, a Fundación Manuel María encargarase de organizar as actividades de carácter cultural destinadas a divulgar a obra literaria e o perfil humano do escritor por medio de conferencias, recitais poéticos e mesas redondas, entre outras. Tamén elaborará o material divulgativo e promocional da súa Casa Museo en Outeiro de Rei, onde actualmente se deposita o legado do escritor, e o material para dar a coñecer a súa obra literaria.

A programación completarase con outras actividades dinamización do uso da lingua tales como representacións teatrais e musicais. Neste caso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística facilitará, se for preciso, o apoio e asesoramento técnico en relación con aspectos lingüísticos e terminolóxicos.
Mercé a esta colaboración, os estudosos e investigadores da obra de Manuel María poderán acceder, de balde, aos fondos documentais da fundación que leva o seu nome.

Programación complementaria da Xunta de Galicia
Doutra banda, o conselleiro avanzou que a Xunta -a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura- poñerá en marcha unha programación especial para renderlle tributo ao autor das Letras deste ano. No marco desta conmemoración, a partir do próximo mes de maio, estase coordinando tamén coa fundación o deseño e posta en marcha da exposición itinerante “Manuel María. Beleza, amor e compromiso” que percorrerá 13 localidades de Galicia desde o mes de maio. A programación das Letras Galegas 2016 da Xunta contempla tamén outras iniciativas arredor do 17 de maio como a III Carreira “Camiño das Letras” prevista para o vindeiro 15 na capital de Galicia.

Así mesmo, no web www.lingua.gal xa está dispoñible un repositorio con recursos e materias didácticos e dixitais sobre o autor homenaxeado que se irán completando de xeito paulatino e que se suman a outras actividades programadas na Rede de Dinamización Lingüística ou na Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta, entre moitas outras que se darán a coñecer de xeito pormenorizado nas vindeiras semanas.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Viernes, 19 Abril 2024