Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O CGAI organiza unha nova edición sobre as olladas femininas no cinema, con motivo do Día Internacional da Muller

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 1407
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
1407

O programa inclúe unha homenaxe á realizadora belga Chantal Akerman e a premiada ‘Paulina’, do director arxentino Santiago Mitre.

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conmemorará o Día Internacional da Muller cunha nova edición do ciclo cinematográfico ‘Olladas de mulleres no mundo’, para o que volve contar coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Do martes 8 ao sábado 12 proxectarase na sede coruñesa da Filmoteca de Galicia un total de oito títulos a través dos que se achega unha perspectiva feminina do cinema, ben sexa pola súa autoría, ben pola súa temática.

As proxeccións deste especial darán comezo o martes, ás 20.30 horas, con ‘En todas as mans’, fita de Diana Toucedo arredor dos montes veciñais en mancomún. Esta será a primeira das tres sesións dedicadas especificamente ás creadoras galegas no marco deste ciclo, que continuará o mércores 9 coa proxección ás 18.00 horas do documental ‘Fíos fóra’, no que a produtora Illa Bufarda (Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva) propón unha reflexión sobre os modos de produción do sector téxtil a partir das mulleres galegas que traballaron nel desde os anos sesenta.

Ademais, a cineasta Xisela Franco estará o sábado 12 no CGAI para presentar tres dos seus últimos traballos: ‘Cruz Piñón’, ‘Santiago, ollada de perfil’ e ‘A última batea (work in progress)’. Neste caso, a cita será ás 18.00 horas.

Último filme de Chantal Akerman
‘Olladas de mulleres no mundo’ tamén incluirá unha pequena homenaxe á realizadora belga Chantal Akerman (1950-2015) con dúas películas que xiran arredor da súa nai. Trátase de ‘News from Home’, da que se proxectará a súa versión restaurada o mércores 9, ás 20.30 horas, e ‘No Home Movie’, a súa última película, que foi presentada pouco antes do seu pasamento en outubro do ano pasado e que poderá verse no CGAI o xoves día 10, ás 18.00 e ás 20.30 horas.

Ao día seguinte, e tamén en sesión dobre, exhibirase ‘Paulina (La papota)’, do director Santiago Mitre. Este ‘remake’ do clásico do cine arxentino do mesmo nome, que afonda en temas como a loita de clases, os abusos sexuais ou a xustiza social, obtivo o Gran Premio da Semana da Crítica e o Fipresci da crítica internacional no festival de Cannes, e o Horizontes Latinos en San Sebastián, entre outros recoñecementos.

Todas as sesións do ciclo ‘Olladas de mulleres no mundo’ son de acceso libre ata completar a capacidade da sala. A programación detallada pode consultarse no web www.cgai.org

0
Etiquetado en: CGAI Ciclo Mulleres

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Miércoles, 18 Julio 2018