Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A Deputación da Coruña incrementa o catálogo de espectáculos da Rede Cultural

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 3424
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
3424

Os concellos poderán elixir entre as 1776 propostas inscritas no circuíto.

Os concellos da provincia da Coruña poderán escoller entre os 1.776 espectáculos que se inclúen no catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña, unha cifra considerabelmente maior a do pasado ano xa que nesta nova edición a convocatoria abriuse a todas as compañías e produtoras galegas.

Case catrocentas propostas máis é o incremento que o catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña experimenta nesta nova edición na que a oferta ascende a 1.776 espectáculos fronte aos 1.359 do pasado ano.

"A cantidade de propostas presentadas mostra que a Rede Cultural é un balón de osíxeno para o sector e un motor para a contratación no ámbito artístico ademais de unha ferramenta sólida para achegar a oferta cultural a todos os públicos, en especial, aos dos concellos de menos habitantes", explica a vicepresidenta e deputada da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei.

"Escena ao vivo!", a categoría profesional de artes escénicas e musicais, é o programa que máis espectáculos inclúe no catálogo da Rede Cultural da Deputación da Coruña dirixida á programación nos concellos. Máis da metade das propostas da oferta cultural deste ano pertencen a este apartado que inclúe un total de 1.076 espectáculos dos que 508 corresponden a teatro e monicreques, 513 a música e 55 a danza.

Un total de 136 son as películas que compoñen a oferta do programa "Visións!" destinado a promoción de cinema e contidos audiovisuais, unha nova aposta que ten, entre outros obxectivos, buscar espazos de distribución para as producións galegas."Lingua á escena", o apartado de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega para concellos duplica nesta segunda edición de existencia o número de propostas con 25 espectáculos.

Finalmente, o apartado non profesional, "Alicerce", destinado á programación en concellos e entidades de compañías amadoras de música, danza e teatro ofrece un total de 529 espectáculos.

Desde a Deputación da Coruña animan aos concellos a participar na Rede Cultural que, segundo Goretti Sanmartín, significa unha "corresponsabilidade" da Deputación e os Concellos na programación cultural". Destacou tamén o esforzo pola mellora das condicións de produción dos espectáculos xa que, desde a Deputación procuran que a Rede "sexa un exemplo de boas prácticas en xestión cultural con garantía de condicións óptimas de desenvolvemento dos espectáculos".

Máis de dous millóns de orzamento da Deputación

Nesta nova edición, a área de Cultura da Deputación destina máis de dous millóns de euros á Rede Cultural que o pasado ano programou case dous mil espectáculos e proxeccións. O orzamento da Rede Cultural ascende a 2.060.000 euros que achega a Deputación, cantidade que se incrementará coa parte que incorporan os concellos o que supón consolidar o programa que leva actuacións culturais a todo o territorio dos municipios da Coruña. A convocatoria incorpora tamén novidades no camiño da profesionalización da xestión cultural e da mellora das condicións de produción e distribucións dos espectáculos, tanto para o público como para as compañías e profesionais que participan na Rede Cultural.

A Deputación da Coruña achega o 75% do orzamento da programación do circuíto para concellos de menos de 5.000 habitantes, o 60% para os que van dos 5.000 a 10.000 habitantes, 50% para os que contan cunha poboación de entre 10.000 e 20.000 habitantes, un 40% para os que van de 10 a 50.000 e un 30% aos que superan os 50.000 habitantes. Para entidades, a Deputación achega o 70% do orzamento das actuacións do programa "Alicerce".

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Viernes, 19 Abril 2024