Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Miguel Alonso: 'Cando quero comunicar algo case nunca dubido se debo coller a guitarra ou a computadora'

por en Entrevistas
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 1156
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
1156

Retomamos a nosa andaina polo panorama cultural, tras un longo parón para tomar folgos, da man dun dos valores emerxentes da canción galega contemporánea. Trátase do cantautor e escritor Miguel Alonso.

Nado en 1984 en Ferrol, Miguel Alonso compón dende moi novo. Toca a guitarra e o piano, ademáis de colaborar con outros músicos, dos que di ter a sorte de coñecer. A maioría da súa obra está escritas en galego porque, como di, "son galego". Isto parece fácil de entender, pero non sempre é así. Publica o seu primeiro disco, “A noite dous cans” no 2010, ademáis de varios discos colectivos e Ep's.

Aínda así, según di: "cando empecei a compoñer facíao fundamentalmente en castelán, e hai pouco decidín reunir algúns daqueles temas nun disco chamado “Como deuses de aluguer” (2014). Poderíase dicir que é un novo traballo con cancións antigas, revisadas e reinterpretadas. Algunhas tiñan 10 ou 12 anos. En todo caso, é o meu primeiro disco en castelán e poida que sexa o último. Ou non, quen sabe."

Tamén ten organizado proxectos colectivos, e entre eles “Once+15” (Edicións do Cumio, 2009), un disco-libro que dirixíu hai uns anos no que reuníu a 15 bandas e solistas que musicaron a 11 poetas en lingua galega, e que gozou de relativo éxito e boas vendas.

Deste amor pola poesía, que o leva ás veces a escribir os seus propios textos, nace tamén un proxecto de musicalización de autores galegos actuais que ven de presentar recentemente, titulado Literaria (2018), e que supón o seu tercer traballo.

No ano 2017 publica a súa novela 'O caso Quintana' (Belagua), o que supón o seu debut na escrita. Actualmente vai pola segunda edición.

Entre outras cousas, deseña e leva a colexios e outros lugares, programas e talleres de creatividade, entre eles o “CreaCANcións” onde entre os alumnos e el compoñen cancións.

Esta é a entrevista que lle fixemos en tuplace:

 

1. Defínete en dúas palabras.

Creativo. Teimudo.
 

 

2. En qué faceta da súa vida artística se atopa Miguel Alonso máis cómodo?

Cando estou gravando un novo disco, morro de ganas de escribir unha novela, e cando escribo unha novela… pois ao revés :). O habitual, aínda así, é que traballe en varias cousas á vez.

 


3. Que foi primeiro, o músico ou o escritor?

Desde neno escribín pequenos poemas e tamén cousas que improvisaba co piano, pero sempre quixen dedicarme á música, sen dúbida. A escrita, dun xeito máis disciplinado, veu logo.


 

4. Cómo ves a situación da cultura galega en xeral?

Se nos referimos ás creadoras e creadores galegxs, vexo un panorama marabilloso e interesantísimo, mais se nos referimos ao apoio institucional, é inexistente. Só hai que botar unha ollada á TVG a nivel musical. Cantas bandas galegas tocan aí?

Ademais, dóeme moito a desaparición de espazos imprescindíbeis para o desenvolvemento de calquera cultura. Penso, por exemplo, en cantas librarías pecharon nos últimos tempos, e non sei que solución pode haber se non tomamos conciencia do noso.


 

5. Como xurde “Literaria”?

Hai catro ou cinco anos fixen varios concertos acompañando os recitais de “A Porta Verde do Sétimo Andar”, un colectivo poético vigués, e daquela decidín que quería facer un disco musicando poesía. Eu sempre escribo as miñas letras e era un cambio importante renunciar a iso neste disco, e dedicarme só á parte musical. Despois de moito ler e descartar, acabei musicando os once poemas que aparecen en Literaria.


 

6. Como é o proceso que sigues para musicar un poema?

Non teño un método para compoñer, a verdade, pero a maioría das cancións do disco naceron lendo algún poemario preto dun piano ou dunha guitarra. Se conseguía improvisar un intento de melodía que lle acaese ao poema, pasaba á seguinte fase e seguía traballando con el.


 

7. Que relación atopas entre compoñer e escribir?

Para min as dúas artes parten, coma todas, da necesidade de contar algo, ou de provocar algún tipo de reacción nxs oíntes / lectorxs. Dito isto, cando quero comunicar algo case nunca dubido se debo coller a guitarra ou o teclado da computadora, pero non sei ben explicar o por que da escolla.


 

8. Que che aportan as colaboracións c@s compañeir@s?

Colaborar sempre é un xeito de sumerxirte no mundo artístico doutra persoa e iso, se o sabes canalizar, sempre amplia o teu propio mundo artístico. Literaria, por exemplo, eu véxoo como un proceso colaborativo en si mesmo, entre xs poetas e a miña música. Tamén Minguante, o proxecto que teño a medias con Óscar Martínez vai un pouco no mesmo sentido. Ao final as cancións que escribimos xuntos non se parecen demasiado ao estilo individual de cada un de nós, senón que nace un universo diferente.b2ap3_thumbnail_Miguel_Alonso_Tuplace_3b.jpg


 

COLLEITA PROPIA: Dúas frases para decir o que che pete ;)


Longa vida á cultura galega!

Mil primaveras máis!

0
URL de las referencias para esta entrada

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 26 Mayo 2019