Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Entrevista a Vudú: 'A música é unha carreira de fondo'

por en Entrevistas
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 167
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
167

Comezamos este mes de Marzo cun especial de entrevistas adicadas ás mulleres: Mulleres na Cultura. Nesta primeira entrega, entrevistamos a Vudú

O dúo feminino Vudú son Belém Tajes, teclado e voces xunto con Maritxinha no baixo e loops. Nace na Coruña no ano 2016, un ano antes, gravan en formato cuarteto un primeiro EP nos estudos Bruar da Coruña e gracias a ese EP gañan en Compostela o premio á mellor canción en Galego por "Eu son VooDoo" no certame Música Xove.

No 2017, despois dunha nova andadura de concertos presentando o formato dúo, gañan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul, consolidándose no seu estilo e buscando novos formatos de directo. O seu segundo EP, foi gravado en Abrigueiro Estudios da man de Arturo Vaquero e foi autoeditado en 2017, cunha tirada de 300 exemplares feitos e pintados a man. Acaban de gravar o seu primeiro disco que ven de ser presentado no inverno de 2018.

Vudú son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B. Vudú é unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos.

Esta é a entrevista que lles fixemos en tuplace:
 
 
1. Definídevos en dúas palabras.
Mulleres bravas
 
 
2. Onde vos atopades máis cómodas, creando novos temas ou versionando música tradicional? 
Hai que dicir que versionar só versionamos as letras, a música de Vudú é totalmente orixinal. Onde nos sentimos máis cómodas é tocando e creando música en directo (sempre deixamos unha pequena parte para a improvisación) .
 
 
3. Como xurdiu Vudú?
Pois, como moitas cousas na vida, por casualidade. Comezamos a colaborar cando eramos 4 compoñentes no grupo e despois quedamos as dúas e decidimos seguir adiante e ver qué pasaba. E aquí seguimos con dous eps, un disco e algún premio.
 
 
4. Como vedes a situación da cultura galega en xeral?
O tema da para moito… a verdade é que a cultura sempre queda relegada a un último espazo na sociedade e moitas veces carece de apoios suficientes.  En Francia, por exemplo, hai becas para creadores, de maneira que se ti decides tomar unha tempada para adicarte a crear un disco, tes os teus gastos cubertos. Ademáis recentemente lanzaron unha proposta de “subvención cultural” para a mocidade, e contas con 500€ para gastar en actividades culturais como complemento na educación. Nós, estamos a anos luz de iso. Deberíamos aprender máis dese tipo de iniciativas. 
 
 
5. Que pensades vós que debemos facer a xente da rúa a cotío para promover a nosa cultura?
Non sabemos moi ben cómo facer iso, pero quizáis estaría ben, primeiro de todo, falar a nosa lingua e despois acudir e apoiar calquera acto cultural. Sair a ver un concerto ou unha obra de teatro, non é un mero feito cultural, senón que moitas veces repercute en moitos ámbitos da sociedade e tamén pode ser terapéutico para un/unha mesma.
 
 
6. A parte da música tradicional, de onde bebe a vosa inspiración?
Ás dúas nos gusta moito tamén a música negra e o R&B. Escoitamos moita música e moi variada, de grupos de aquí, de grupos belgas, de música en castelán, jazz… Quizais a nosa inspiración veña de todo iso.
 
 
7. Vivir da música en galego, quimera ou realidade?
Estamos loitando para que sexa unha realidade, de momento malvivimos da música e temos outros traballos a maiores. Pero a música é unha carreira de fondo, quen pense que todo é como ocorre nos “Talent Shows” que saen na televisión, está moi enganadx. A xente que a día de hoxe vive da música en Galiza, ten un camiño de 10 anos de carreira ou máis ás súas costas. Nós, como quen di, aínda acabamos de chegar.  
 
                                                                                                                                    
8. A muller é referente tanto na vosa música como na maioría dos vosos videos. Tentades recoller a forza das mulleres de antes  e transmitirlla ás xeracións vindeiras?
É un pouco a nosa idea. Vudú e outras bandas de mulleres temos esa responsabilidade tamén. Dar visibilidade a mulleres que non só cantan, senón que tocamos instrumentos e traballamos na escea. Nos tempos que nos toca vivir, aínda temos que loitar moito máis polos nosos dereitos e se a música é un medio para facelo, seguiremos adiante,  xuntas habemos de ser máis fortes.
 
 
9. O concerto ou actuación máis especial para Vudú. Por qué?
Cada unha de nós ten a súa preferida, pero todas foron especiais:
o noso primeiro  concerto no Clavicémbalo de Lugo, o noso  primeiro festival no Revenidas, o concerto no barco Chasula, o concerto na Escondida de Espasante, o concerto en Vegadeo con Lúa Awel, a presentación do disco con Fetén Fetén, calquera dos concertos en Ferrolterra…. é moi difícil escoller!!
 
 
10. Contádenos algún proxecto de futuro. En que andades a traballar?
 Aínda estamos promocionando o disco que está xa subido nas principais plataformas. Estes meses estamos traballando nun novo formato de directo que intentaremos estrear para o verán, non podemos contar moita cousa, a verdade....Tamén estamos enredando para facer un novo vídeo… a cabesa non para!!!
b2ap3_thumbnail_vudu_tuplace_2.jpg
 
 
COLLEITA PROPIA: Dúas frases para decir o que vos pete ;)
Somos dúas señoras que facemos música :)
eu son vudú, e ti?
0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 24 Marzo 2019