O Festival Internacional de Documentais de Tui, que arranca este mércores, exhibirá 12 películas de autoría galega que representan distintas formas de se achegar ao cine de non ficción
O Play-Doc de Tui presentou hoxe a programación da súa décimo terceira edición, que se desenvolverá do mércores ao domingo e para a que volve contar co apoio da Xunta. A contribución deste ano materialízase nunha achega de 32.400 euros a través da convocatoria de subvencións da Agadic a festivais do sector audiovisual.