A nova carteleira bimestral da Filmoteca de Galicia ofrece especiais sobre creadoras galegas, Charles Burnett, a historia da animación española, a actriz María Casares e Jean Renoir.
A cineasta berlinesa Birgit Hein, considerada unha das máis relevantes figuras da historia do cinema experimental, visitará esta semana A Coruña para compartir co público tres das sesións programadas no ciclo que lle dedica desde o xoves o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia). A directora presentará as sesións do venres 4, ás 18.00 e ás 20.30 horas, e o sábado 6, ás 18.00 horas.