Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A cineasta experimental Birgit Hein participa na retrospectiva do CGAI sobre os seus 50 anos de traxectoria

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 21301
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
21301

A nova carteleira bimestral da Filmoteca de Galicia ofrece especiais sobre creadoras galegas, Charles Burnett, a historia da animación española, a actriz María Casares e Jean Renoir.

A cineasta berlinesa Birgit Hein, considerada unha das máis relevantes figuras da historia do cinema experimental, visitará esta semana A Coruña para compartir co público tres das sesións programadas no ciclo que lle dedica desde o xoves o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia). A directora presentará as sesións do venres 4, ás 18.00 e ás 20.30 horas, e o sábado 6, ás 18.00 horas.

Organizado en colaboración co Festival de Cine Europeo de Sevilla e La Casa Encendida de Madrid, o especial ‘Birgit Hein: Cine Cru’ ofrécelles aos espectadores unha retrospectiva dos 50 anos de traxectoria da realizadora alemá, que se pode dividir entre os traballos realizados co seu marido, Wilhelm Hein, entre 1966 e 1988 e os filmes que vén asinando en solitario desde 1991.

Esta retrospectiva inclúe catro programas de proxeccións, todas elas en versión orixinal subtitulada ao galego, que darán comezo o xoves 3, ás 20.30 horas, con ‘La moderna poesía’ (2000) e ‘Kriegsbilder’ (2006). O venres exhibiranse ‘Rohfilm’ (1968) e ‘Structural Studies’ (1974) na sesión das 18.00 h e ‘Baby, I Will Make You Sweat’ (1994) e ‘Abstrakterfilm (2013), na das 20.30 h, mentres que o programa do venres terá lugar ás 18.00 horas con ‘The Mysterious Woman’ e ‘Frauen Film’.

Tal e como sinalan Gonzalo de Pedro e Miguel Fernández Labayen, comisarios deste ciclo, o obxectivo é reivindicar o papel de Birgit Hein como “axitadora na cultura cinematográfica contemporánea”, ademais de trazar unha panorámica do seu traballo, que arranca no cinema estrutural e materialista dos seus comezos para ir derivando cara a unha vertente moito máis persoal e política. Neste segunda etapa, a realizadora sitúase nos límites do cine para abordar cuestións íntimas ou sociais, públicas ou privadas, desde o ensaio, o diario e mesmo a etnografía experimental.

Pere Portabella en ‘Fóra de serie’
Este será o primeiro dos especiais da nova programación bimestral marzo-abril na sede da filmoteca galega na Coruña, que arranca hoxe e mañá con dúas sesións dedicadas ao director Pere Portabella dentro de ‘Fóra de serie’, unha das seccións habituais do CGAI. Así, esta tarde, ás 19.30 horas, amosarase ‘Informe general sobre algunas cuestiones de interés para una proyección pública’, que sintetiza as filmacións clandestinas de Portabella nos meses posteriores á morte de Franco; e mañá mércores programarase en sesión dobre (18.00 e 20.30 h) ‘Informe general II: El nuevo rapto de Europa’.

Tras o ciclo sobre Birgit Hein, en marzo a carteleira estará marcada por varias efemérides, incluíndo a do propio CGAI, que este ano celebra o seu 25 aniversario. Con tal motivo, o 15 de marzo presentaranse tres películas da colección de Alberto Martí, restauradas recentemente e que inclúen filmacións de Ángel Blanco Villar realizadas entre 1929 e 1931.

Creadoras galegas
Ademais, o Centro Galego de Artes da Imaxe e o Consello da Cultura Galega organizarán unha nova edición de ‘Olladas de mulleres no mundo’ (do 8 ao 12 de febreiro), coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller. Este ano dedicaránselle tres sesións ás creadoras galegas, con filmes de Diana Toucedo, Illa Bufarda e Xisela Franco, ademais dunha pequena homenaxe á realizadora belga Chantal Akerman.

Por outra banda, co gallo dos Premios María Casares de Teatro, o 29 de marzo programarase unha sesión especial arredor da mítica actriz coruñesa María Casares, que dá nome aos galardóns que convoca cada ano a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

Este mes arrancará, así mesmo, unha pequena homenaxe a Jean Renoir (do 16 de marzo ao 8 de abril), a través da que se recuperan títulos tan emblemáticos como ‘Un día de campo’ ou ‘La regla del juego’. Os especiais dedicados a Charles Burnett (do 19 ao 21 de abril), considerado por moitos como o mellor director afroamericano da historia dos Estados Unidos, e aos máis de cen anos de historia da animación española (do 13 ao 19 de abril) completan a relación de ciclos desta nova programación, na que o CGAI ofrecerá tamén novas entregas das súas sección habituais: Fóra de Serie, CGAI Júnior, Cinemascapes, Desencadres e Contextos.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024