A Axencia Galega de Industrias Culturáis (Agadic) acaba de poñer en marcha o programa ‘Firma e Filme’, que ten por obxectivo promover a adaptación audiovisual de obras da literatura galega. A iniciativa comeza cunha convocatoria dirixida á participación das empresas audiovisuais e editoriais, que conta coa colaboración da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e da Asociación Galega de Editores (AGE). ‘Firma e Filme’ nace para a posta en valor de dous eidos creativos da cultura galega, o das imaxes e o das letras, a través dun proxecto conxunto que contribúa a estudar as posibilidades de adaptación das obras literarias galegas...
Continuar leyendo