Redrum Teatro conclúe esta fin de semana a xira do seu espectáculo ’Amor flexible’, do que ofrecerá dúas derradeiras funcións no Salón Teatro de Santiago este venres 5 e o sábado 6, ás 21.00 horas. A sede do Centro Dramático Galego será a última parada no percorrido que a compañía compostelá vén desenvolvendo desde hai máis dun ano con esta comedia de enredo, interpretada por Mela Casal, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo.
A montaxe, producida co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través das subvencións da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) á actividade escénica galega, está...
Continuar leyendo