A Axencia Galega de Industrias Culturáis (Agadic) acaba de poñer en marcha o programa ‘Firma e Filme’, que ten por obxectivo promover a adaptación audiovisual de obras da literatura galega. A iniciativa comeza cunha convocatoria dirixida á participación das empresas audiovisuais e editoriais, que conta coa colaboración da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e da Asociación Galega de Editores (AGE). ‘Firma e Filme’ nace para a posta en valor de dous eidos creativos da cultura galega, o das imaxes e o das letras, a través dun proxecto conxunto que contribúa a estudar as posibilidades de adaptación das obras literarias galegas...
Benvidos ao Blog de Tuplace.
Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local. Tentaremos de dar protagonismo os que teñen máis dificultades para ter un lugar onde falar do que fan e de como o fan, nestes tempos de enormes dificultades para o mundo da cultura e o ocio en xeral.
En breve comezará a nosa andadura, solo vos pedimos un pouquiño de paciencia mentres acabamos de facer todos os preparativos e lles damos o últimos toques aos primeiros contidos do noso blog.
Se queres colaborar con...