Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O audiovisual galego é protagonista en Buenos Aires cun ciclo de 17 filmes de ficción e documentais

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 4637
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
4637

'Lobos sucios' abre este programa especial no Cine Gaumont do Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Arxentina como parte da programación organizada pola Xunta para a 42ª Feira Internacional do Libro de Buenos Aires

Proxéctanse tamén ‘As altas presións’, ‘A esmorga’, ‘Maimiño, ‘Inevitable’, ‘Holy Night’, ‘Os fenómenos’, ‘Arraianos’, ‘A praia dos afogados’, ‘No Cow on the Ice’, ‘O ouro do tempo’, ‘A árbore magnética’ e ‘A cicatriz branca’

Na sección documental, exhíbense ‘As luces de Sargadelos’, ‘A imaxe Reb/velada’, ‘Contra a morte, unha aproximación a Lois Pereiro’ e ‘100% CEF. Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro’

A recente produción audiovisual galega protagonizará o ciclo ‘Galicia en cine’, que ofrecerá en Buenos Aires unha escolma de 17 filmes de ficción e documentais como parte da programación cultural organizada pola Xunta de Galicia para a 42ª edición da Feria Internacional del Libro da capital arxentina, onde Santiago de Compostela está a ser a cidade convidada.

‘Lobos sucios’, de Simón Casal de Miguel, abrirá o vindeiro xoves 28 este programa, que se desenvolverá ata o 4 de maio no Cine Gaumont, espazo do Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales do Goberno arxentino. Xunto con esta película sobre a explotación nazi das minas galegas de wolfram, que acaba de chegar ás salas españolas, esta escolma aborda moi diferentes xéneros e modelos de produción, incluíndo a animación, o cinema independente ou o documental. Así, mediante este programa organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o público porteño terá a oportunidade de se achegar a unha mostra representativa do cine que se está a facer actualmente en Galicia e que está a ser recoñecido, ademais, con múltiples premios e seleccións en importantes festivais internacionais.

A literatura como eixo
Así mesmo, e tendo en conta que o ciclo se organiza co gallo da participación galega na Feria Internacional del Libro de Buenos Aires, a literatura está presente nesta recompilación a través de fitas como ‘A Esmorga’ (29 de abril), do realizador Ignacio Vilar a partir da emblemática obra de Eduardo Blanco Amor; ‘Arraianos’ (2 de maio), película de Eloy Enciso que ten como punto de partida unha obra de culto de Jenaro Marinhas del Valle, declamada por intérpretes non profesionais; e ‘A praia dos afogados’ (2 de maio), adaptación cinematográfica da novela homónima de Domingo Villar dirixida por Gerardo Herrero.

Inclúense tamén nesta selección os títulos ‘As altas presións’ (29 de abril), pola que Ángel Santos obtivo o primeiro premio na sección Nuevas Olas do Festival Internacional de Cine Europeo de Sevilla; ‘Inevitable’, coprodución galego-arxentina dirixida por Jorge Algora; ‘Os fenómenos’, premiado filme de Alfonso Zarauza sobre os efectos da burbulla inmobiliaria; ‘No Cow on the Ice’ (3 de maio), documental gañador da pasada edición do Play-Doc de Tui no que o realizador Eloy Domínguez Serén narra as súas experiencias como emigrante en Suecia; ‘O ouro do tempo’ (3 de maio), drama de Xavier Bermúdez sobre a forza dun amor que nin a morte pode evitar; ‘A árbore magnética’, coprodución galego-chilena e primeira longametraxe de Isabel Ayguavives; e ‘A cicatriz branca’ (4 de maio), na que Margarita Ledo Andión retrata a historia das mulleres galegas que, na primeira metade do século XX, emigraron soas a América.

Animación
A animación está representada neste ciclo por dúas longametraxes pensadas para o público familiar: a película galego-cubana ‘Maimiño e o o espello máxico’ (30 de abril), con participación de Ficción Producciones e dirección de Ernesto Padrón; e ‘Holy Night! Noite... de paz?’ (1 de maio), do director Juan Galiñanes e producida de Dygra Films.

Baixo o título ‘Galicia en documental’, o Cine Gaumont acollerá tamén a proxección de catro documentais que inciden na difusión doutras tantas figuras da nosa cultura. Así, o 29 de abril exhibirase ‘As luces de Sargadelos, de Arturo Villacorta, sobre a historia do que foi o primeiro complexo industrial de Galicia. O día 30 será a quenda de ‘A imaxe Rev/velada’, fita sobre o fotógrafo e debuxante Baldomero Pestana asinada por Andrea Vázquez. Este cuarteto de documentais complétase con dúas películas que afondan na vida e obra de cadanseu escritor: ‘Contra a morte, unha aproximación a Lois Pereiro’ (1 de maio), de Alexandre Cancelo e Iago Martínez; e ‘100% CEF. Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro’ (2 de maio), de Aser Álvarez.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Jueves, 21 Noviembre 2024