Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Galicia amosa o potencial da súa música no Womex de Budapest e repetirá como anfitrioa do evento en 2016

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 4041
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
4041

No marco da celebración do Womex 2015 na capital húngara, celebrouse unha recepción que serviu como escaparate á marca Galician Tunes.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou o 23 de Outubro en Budapest na presentación da próxima edición de Womex, o meirande mercado internacional da world music, que en 2016 volverá celebrarse en Santiago de Compostela tras o éxito rexistrado na edición que tivo lugar o ano pasado na capital de Galicia.
Durante a súa visita ao Centro Bálna, no que se celebra a actual edición deste evento internacional, o titular do departamento de Cultura da Xunta tivo tamén a oportunidade de comprobar como a música galega está a amosar o seu potencial na feira, a través da participación de sete compañías do país no pavillón GalicianTunes.

 
A programación da presentación comezou cunha exposición do Womex Found Director, Ben Mandelson, sobre a organización do Womex 2015. Posteriormente o conselleiro de Cultura e Educación explicou que a segunda edición compostelá da feira estará subdividida en ‘DayWOMEX’ e ‘NightWOMEX’. Deste xeito, a actividade diúrna centrarase na feira profesional e nas actividades complementarias –conferencias, proxeccións de cinema, etc.– que se celebrarán no Museo Centro Gaiás e no CINC da Cidade da Cultura; mentres que a nocturna se dedicará aos máis de 60 showcases (concertos en pequeno formato) que está previsto celebrar en diferentes escenarios da capital galega.
 
Un escaparate para amosar Galicia ao mundo
Na súa intervención, o conselleiro de Cultura e Educación transmitiu aos presentes a ilusión que para o Goberno galego supón volver a acoller en Galicia e en Santiago o Womex, “unha das mellores citas posibles para parte importante da nosa industria musical e dos nosos artistas, aqueles que se encadran dentro das músicas de raíz, folk, étnica ou tradicional”.
 
Román Rodríguez lembrou que o regreso de Womex á capital galega supón un gran éxito froito dunha percepción positivas dos organizadores que participaron na cita do 2014; así como da constatación pola parte da Consellería da importancia do evento para a proxección e internacionalización da industria musical galega.
 
Neste sentido,  o conselleiro convidou tamén a visitar o stand de Galician Tunes e a gozar da nutrida presenza galega no Womex Budapest, composta polas compañías Budiño/Lospregos, Jau, Mada Producións, Mare, Musicarte, Nordesía e Sons Galiza.
 
Ademais do conselleiro e do Found Director de Womex, participaron no acto o director de programación da feira, Balázs Weyer; o director do evento, Alexander Walter.
 
Actividade feiral
Tralo acto de presentación de Womex 16 en Santiago de Compostela, a actividade da delegación galega en Budapest centrouse no pavillón de GalicianTunes, a marca común da industria musical galega para a súa proxección exterior. Alí, os representantes das sete compañías galegas desprazadas están a levar a cabo os seus contactos internacionais con continuas reunións de traballo acordadas a través da plataforma profesional online virtualwomex, que permite establecer unha axenda de xuntanxas de xeito previo á chegada á feira.
 
Así, as compañías Budiño/Lospregos, Jau, Mada Producións, Mare, Musicarte, Nordesía e Sons Galiza, que abranguen ámbitos de negocio que van desde a produción e distribución musical, representación de artistas, 'management', edición discográfica e mesmo xestión e dinamización cultural no eido da música, puideron avanzar co labor de anos anteriores, nos que Galicia participou activamente nas edicións precedentes da que está considerada como a meirande e máis influente feira de música tradicional e de raíz do circuíto internacional. Esta continuidade posibilita, ademais, o asentamento de acordos e proxectos que poden perfeccionarse ou ultimarse en Santiago de Compostela en 2016.
 
Recepción internacional
O conselleiro de Cultura reuniuse tamén cos integrantes das empresas galegas, cos que intercambiou impresións e sobre a situación do sector e as expectativas postas en Womex. A continuación, o pavillón da música galega acolleu unha recepción-cóctel dirixida especialmente aos distribuidores e programadores internacionais, e na que participou o embaixador de España en Hungría, José Ángel López Jorrín. A convocatoria, á que acudiron máis de 100 persoas, serviu tamén para divulgar Galicia, Santiago de Compostela e a Cidade da Cultura como destinos patrimoniais culturais e turísticos e próximas sedes de Womex en 2016.
 
Galicia terá tamén un protagonismo especial na proxima xornada, cando se produza o acto de transmisión da organización de Womex entre as autoridades húngaras e as galegas. Este acto contará coa música en directo a cargo do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, quen simbolizará o encontro da música tradicional galega coa centroeuropea a través dunha interpretación compartida cunha formación de música popular húngara.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024