Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

CARLOS NÚÑEZ NO SAN FROILÁN 2016

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 4657
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
4657

Crónica do concerto que ofreceu Carlos Nuñez e o seu grandísimo grupo na Praza da Horta do Seminario de Lugo, o 11 de Outubro, nas festas do San Froilán 2016.

Pois vinte anos agardou Lugo para poder deleitarse ao escoitar a Carlos Núñez dando vida á Muiñeira de Chantada nunha ateigada Praza da Horta do Seminario. Todo un luxo a actuación do gaiteiro de Vigo que poñía a guinda do pastel a unhas festas de San Froilán que este ano destacaron, e moito, pola promoción da cultura galega.

Foron artistas da talla de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Caxade, Familia Caamagno, A Quenlla, e os desfiles de pasarrúas os que encheron de música en galego as rúas da cidade das murallas.b2ap3_thumbnail_1280px-Carlos_Nez_Diciembre_2007_08.JPG

Carlos Núñez agradeceu a invitación e según ía avanzando a noite e maila chuvia, que tampouco se quixo perder o concerto, foi meténdose o público no peto, grazas tamén ao inestimable bo facer e á calidade dos acompañantes da súa banda. O maxistral violinista canadiense Jon Pilatzke que non so triunfou co violín, senón que se marcou un baile irlandés que abraiou os presentes; o guitarrista Pancho Álvarez, o tamén gaiteiro australiano Allen Grace e o outro Núñez, o irmán de Carlos, que domina as percusións e incluso pode facer música e da boa tocando unhas maletas!

Perante dúas horas puidemos escoitar a característica mistura do son celta fusionado con outras músicas, como a Latinoamericana, mais foi co seu tema “Camiño de Santiago” e sobre todo ca “Marcha do Entrelazado de Allariz” (ver video), no que se deixou acompañar no escenario pola rapazada gaiteira do grupo infantil Devandoira, cando conseguiu que a xente aplaudira a todo o que lles daban as mans.

Sen dúbida, un concerto que ficará na memoria dos lucenses e das lucensas por moito tempo. 

 

Carlos Nuñez - “Marcha do Entrelazado de Allariz”

0
URL de las referencias para esta entrada

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Martes, 24 Diciembre 2024