Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Xornadas "Malas Linguas" de análise sociolingüística en liña, convocadas pola Deputación da Coruña

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 4859
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
4859

Desenvolveranse a través da rede os días 10 e 12 de novembro

A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña promove unha nova edición das xornadas Malas Linguas que nesta ocasión, coa adaptación á situación sanitaria, decorrerán de forma virtual. Os días 10 e 12 de novembro terán lugar os encontros dixitais que serán abertos e gratuítos pero para os que se precisará inscrición previa para participar. 

ara dar continuidade ás convocatorias precedentes de 2018 e 2019, neste ano a Deputación da Coruña volta realizar as xornadas Malas Linguas coa participación de varias persoas expertas na normalización das linguas. O programa está centrado na análise sociolingüística e tenta facer unha aproximación desde a situación actual ao desafío da normalización do galego.

O principal obxectivo é renovar o argumentario para as políticas públicas de normalización lingüística, en base a tres eixes: manter espazos de reflexión, dar ideas prácticas e fomentar o traballo en rede. A actividade é aberta e gratuíta os días 10 e 12 de novembro, mais as prazas para poder participar no encontro en directo a través do zoom son limitadas. Para inscricións cómpre anotarse no formulario que está publicado na web do programa. (https://www.dacoruna.gal/normalizacion-linguistica/malas-linguas) Posteriormente a gravación será subida á conta da Deputación no Youtube.

No martes, día 10, a xornada abordará "Boas prácticas para as linguas minorizadas do Estado" (17-18.30 h) con Paula Kasares, Isaac Lourido e Xian Naia. Na segunda xornada, o xoves, día 12, analizarase o tema "Revitalización lingüística en linguas ameazadas" (17.15 - 18.30 h) con Mónica Barrieras e Itziar Idiázabal. Ademais das intervencións, nas dúas xornadas haberá un debate aberto coas persoas participantes.

A deputada de Normalización Lingüística, María Muíño, salientou a importancia deste espazo de reflexión e debate para "atender e analizar a situación lingüística do país, atender os dereitos lingüísticos das falantes de galego e poder intervir de forma eficaz para conservar a riqueza que o idioma propio supón".

Por outra parte, Andrea Rico, coordinadora do proxecto, destacou a capacidade de "adaptar esta proposta á situación sanitaria, para que os proxectos culturais e sociais non fiquen paralizados", e por outra parte, tamén puxo o foco nas persoas relatoras: "Estamos moi orgullosas de contar con algunhas das investigadoras máis recoñecidas traballando hoxe en sociolingüística a nivel estatal", destacou.

SOBRE AS PERSOAS RELATORAS

Paula Kasares é doutora en Sociolingüística, con estudos de grao e posgrao en Filoloxía Vasca e Antropoloxía Social e Cultural. A súa tese de doutoramento tratou a continuidade xeracional do éuscaro e a socialización lingüística nas familias vascofalantes. É a directora do Servizo de Planificación e Promoción do Euskera de Euskarabidea – Instituto Navarro do Euskera do Goberno de Navarra.

Isaac Lourido é profesor e investigador na UDC, licenciado en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galega e doutor na área de Teoría da literatura e Literatura comparada. Foi lector do Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa. Participou en diferentes proxectos culturais como Estaleiro Editora e na actualidade fai parte do consello de redacción do xornal Novas da Galiza.

Xián Naia é graduado en Lingua e Literatura Galegas, cun mestrado en profesorado e outro en Literatura, Cultura e Diversidade. Traballou como bolseiro no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames. Obtivo unha bolsa de investigación da Deputación da Coruña en 2019, na "Área de planificación sociolingüística". Na actualidade investiga de forma independente as posibilidades da regueifa para a normalización lingüística.

Mónica Barrieras é licenciada en Filoloxía Románica e doutora en Lingüística, exerce como profesora na Facultade de Educación da Universidade de Barcelona e é membro do Grup d'Estudi de Llengües Amenaçades (GELA). Na súa liña principal de investigación traballa sobre a diversidade lingüística e o multilingüismo.

Itziar Idiazábal é Catedrática de Filoloxía Vasca e doutora pola Universidade de Xenebra na área da Psicolingüística. No grupo de investigación ELEBILAB dirixiu numerosos proxectos de investigación sobre adquisición da linguaxe en crianzas bilingües, análise discursiva do éuscaro e didáctica das linguas en programas bi-multilingües que inclúen lingua minorizada. É fundadora e membro da Cátedra UNESCO de Patrimonio Lingüístico Mundial da UPV/EHU.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Sábado, 21 Diciembre 2024