Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local
A banda ou artista escollida polo xurado abrirá o 24 de xullo pola noite o Festigal 2016 ademais de recibir unha achega económica de 300 euros. O certame está aberto á participación de grupos amadores e profesionais, de todos os estilos, que empreguen a lingua galega nas súas letras. O prazo de presentación de traballos é até o 26 de maio, por medio dunha maqueta
O xurado estará composto por artistas e profesionais da música como son Xurxo Souto, Arancha Alfaia, Marcos Paino e “Mini” Rivas, ademais da comisión organizadora do Festigal.
O Festigal está en constante crecemento, os dous últimos anos chegou a cifras récord de asistencia e mesmo recibiu a distinción como mellor festival galego nos “Premios Martín Códax da Música Galega 2015”.
➡️ As bases do certame pódense consultar na web http://festi.gal