Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

‘AMOR FLEXIBLE’ DE REDRUM DESPÍDESE DOS ESCENARIOS CON DÚAS FUNCIÓNS NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 5800
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
5800

Redrum Teatro conclúe esta fin de semana a xira do seu espectáculo ’Amor flexible’, do que ofrecerá dúas derradeiras funcións no Salón Teatro de Santiago este venres 5 e o sábado 6, ás 21.00 horas. A sede do Centro Dramático Galego será a última parada no percorrido que a compañía compostelá vén desenvolvendo desde hai máis dun ano con esta comedia de enredo, interpretada por Mela Casal, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo.

A montaxe, producida co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través das subvencións da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) á actividade escénica galega, está dirixida por Álex Sampayo, coñecido tamén polos seus traballos no sector audiovisual como director de series como ‘El internado’ ou ‘Padre Casares’, entre outras. Nestes momentos, atópase inmerso na campaña de exhibición en festivais da súa primeira longametraxe, ‘Schimbare’, filme protagonizado por Candela Peña e Luís Zahera que obtivo, entre outros galardóns, o premio á mellor película na pasada edición do San Diego Film Festival, en Estados Unidos.

b2ap3_thumbnail_amor-flexible_02.jpg

Autores e elenco

En ‘Amor flexible’, Sampayo leva a escena un texto asinado por Avelino González, Araceli Gonda, Tamara Canosa, Borja F. Caamaño e el mesmo, a partir do que constrúe unha historia sobres as relacións de parella a través dos sete pecados capitais. Para as interpretacións, contou con tres nomes moi coñecidos por parte dos espectadores galegos tanto polos seus traballos televisivos como teatrais. É o caso de Mela Casal,  quen –con máis de trinta anos de traxectoria como actriz e destacados papeis en ‘Mareas vivas’, ‘A vida por diante’ ou ‘Luar’, entre outros programas– comparte escenario con Tamara Canosa e Guillermo Carbajo, dous actores novos aos que vimos crecer na pequena pantalla grazas a series como ‘Mareas vivas’ e ‘Pratos combinados’, respectivamente.

Redrum Teatro pon fin a esta xira para comezar a produción da súa nova proposta, ‘Noiteboa’, que interpretará Ernesto Chao xunto a Mela Casal e Guillermo Carbajo e con data de estrea prevista para o mes de setembro. 

Venda de entradas

As entradas para estas derradeiras funcións do espectáculo están xa á venda a través do web entradas.abanca.com e no despacho de billetes do Teatro Principal de Santiago, aberto de 18.00 a 21.00 horas. O venres e o sábado tamén poderán adquirirse na billeteira do propio Salón Teatro desde as 19.00 horas. ‘Amor flexible’ inclúese, así mesmo, na oferta do Bono de Teatro Galego (e Portugués), promovido conxuntamente polo Concello de Santiago de Compostela e a Agadic.

Fonte: agadic

0
Etiquetado en: Agadic Compostela Redrum Teatro

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Miércoles, 25 Diciembre 2024