Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

A Deputación da Coruña levará os “Xigantes” de Exponav aos concellos da provincia

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 3909
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
3909

Diversos concellos coruñeses recibirán a exposición, que ten como obxecto dar a coñecer a importancia de Exponav e recuperar a historia dos “anos dourados” dos estaleiros ferroláns

Entre 10 e 20 concellos da provincia exhibirán a mostra "Xigantes" de Exponav grazas ao apoio da Deputación da Coruña, que vén de sacar a licitación, por un importe máximo de 24.793,39 euros, os traballos de coordinación, transporte e montaxe desta exposición, dedicada aos grandes fitos da construción naval realizados na antiga Astano entre os anos 1964 e 1982.

Esta itinerancia ten coma obxecto "dar a coñecer en toda a provincia a importancia que ten o Museo da Construción Naval de Ferrol, a principal referencia no seu ámbito a nivel nacional, así como recuperar a historia dos anos dourados dos estaleiros na comarca de Ferrol", segundo afirmou o presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso.

Nestes "anos dourados" un total de 38 buques de grandes dimensións, moitos deles destinados ás grandes compañías petroleiras, construíronse nas gradas do estaleiro fenés, dando emprego a máis de 6.000 persoas e situando á comarca ferrolá como a principal referencia da construción naval de España.

Agora, a través de documentos e fotografías da época, paneis explicativos, pezas de material audiovisual e maquetas dalgúns destes "xigantes do mar", a Deputación da Coruña, membro do padroado de Exponav, tratará de divulgar a historia da construción naval na comarca e a importancia dos fondos históricos do museo ferrolá en todo o territorio provincial.

Dadas as grandes dimensións da mostra orixinal, que se exhibe no salón Carlos III do edificio de Herrerías, disporase un mínimo de paneis que se exhibirán en todos os concellos e outros paneis complementarios, que se habilitarán naqueles recintos que conten con maior espazo expositivo. Tamén se mostrarán un mínimo de dúas maquetas dos buques e dous vídeos que explicarán polo miúdo os procesos da súa construción.

Ata o momento, "Xigantes" exhibiuse só en dous puntos fóra da sede de Exponav, a Escola Politéctica Superior de Ferrol e a Casa da Cultura de Fene.

Esta itinerancia polos concellos das diferentes comarcas da provincia permitirá ao público coruñés coñecer en profundidade os procesos de construción de buques que forman parte da historia naval ferrolá como o Al Andalus, os Texaco Spain, London e South America, o Arteaga, o Carthagonova, o Monica María, ou o Ocean Park.

0
URL de las referencias para esta entrada

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024