Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Firma e filme desenvolverá reunións profesionais en Culturgal para a adaptación audiovisual de obras literarias galegas

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 3822
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
3822

A Axencia Galega das Industrias Culturais recibiu 52 propostas de libros para levar ás pantallas, que foron estudados por analistas de guión cara á organización de xuntanzas entre compañías con intereses comúns.

Os representantes de 27 empresas galegas dos sectores audiovisual e editorial daranse cita o vindeiro domingo 6 de decembro en Pontevedra, no marco de Culturgal, para participar na última fase do programa ‘Firma e filme’. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou para esa xornada máis de 50 reunións un a un entre compañías con intereses comúns na procura de novos proxectos de adaptación audiovisual de obras literarias galegas.

Esta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE), botou a andar o pasado mes de xuño cunha primeira convocatoria a raíz da que a Agadic recibiu 52 propostas de libros de diferentes xéneros e estilos susceptibles de seren levados ás pantallas.

A continuación, un equipo de analistas de guión integrado por Alfonso Pato, Araceli Gonda e Eduardo Blanco Galán encargouse do estudo e informe dos textos para avaliar as súas posibilidades de adaptación cinematográfica ou televisiva. A partir desta análise e tras a posta en común coas empresas audiovisuais inscritas daqueles títulos que mellor encaixan coa súa liña de traballo, a organización deseñou o programa de xuntanzas entre empresas de ambos os sectores que terá lugar o domingo, a partir das 12.00 horas, no ático do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Catorce produtoras e trece editoriais
Asistirán a esta cita un total de 14 produtoras (Aba Filmes, Ábrago Filmes, Adivina Producións, Agallas Films, Brétema Producciones, Control Z, Esferobite, Faino Estudio, Ficción Producciones, Formato Producciones, Frida Films, Ladybug, Portocabo e Zeitun Films) e 13 editoriais (Edebé/Rodeira, Ediciones Bolanda, Edicións Positivas, Edicións Xerais, Hércules de Ediciones, Galaxia, Ir Indo, Ouvirmos, Sotelo Blanco, Tandaia, Técnicas e Gramaxe, Trymar e Urco Editora).

A Agadic promove ‘Firma e filme’ co fin de poñer en valor dous importantes ámbitos creativos da cultura galega, o audiovisual e as letras, a través dun proxecto conxunto que busca impulsar unha maior presenza da literatura galega tanto na pequena como na gran pantalla. Para confirmar a súa participación no programa, as editoriais tiveron que cumprimentar unha solicitude por cada obra achegada na que indicaron o seu xénero, o grupo de público potencial e o formato proposto para a súa versión audiovisual. Pola súa banda, as produtoras rexistradas sinalaron o formato no que teñen interese, os seus xéneros preferentes e máis o grupo preferente de espectadores ao que buscan dirixirse.

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Venres, 19 Abril 2024