Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

Agadic pon en marcha o programa 'Firma e Filme' para a adaptación audiovisual de obras da literatura galega

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 4897
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
4897

A Axencia Galega de Industrias Culturáis (Agadic) acaba de poñer en marcha o programa ‘Firma e Filme’, que ten por obxectivo promover a adaptación audiovisual de obras da literatura galega. A iniciativa comeza cunha convocatoria dirixida á participación das empresas audiovisuais e editoriais, que conta coa colaboración da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e da Asociación Galega de Editores (AGE).

‘Firma e Filme’ nace para a posta en valor de dous eidos creativos da cultura galega, o das imaxes e o das letras, a través dun proxecto conxunto que contribúa a estudar as posibilidades de adaptación das obras literarias galegas ao noso audiovisual. Para isto, o primeiro paso é a compilación de información, tanto da oferta editorial como dos intereses e proxectos actuais demandados polas produtoras, para o que os interesados teñen de prazo ata o 18 de xuño para remitir ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. as fichas normalizadas que se poden descargar do web da Agadic.
 
As editoriais deberán cumprimentar unha solicitude por cada título proposto susceptible de adaptación cinematográfica, indicando o xénero no que se insire entre un total de 14 preestablecidos, o grupo de público potencial ao que se dirixe (infantil, xuvenil, adulto ou familiar) e o formato proposto para a súa versión audiovisual: longametraxe ou curtametraxe (de ficción, documentais ou de animación), serie, TV-movie, experimental, proxecto multimedia, videoxogo, webserie etc.
 
Pola súa banda, as produtoras han de sinalar, no momento de se inscribir, o formato no que teñen interese en realizar as adaptacións, os xéneros preferentes (animación, acción, aventuras, bélico, biopic, ciencia ficción, comedia, drama, experimental, fantástico, musical, romántica, suspense, terror, thriller, western...) e mais o grupo de espectadores ao que queren dirixirse. 
 
Cos datos recibidos, iniciarase unha fase de análise e informe para intercambiar impresións entre as partes e cara á organización dunha axenda final de reunións bilaterais executivas, que se desenvolverán en Pontevedra no mes de decembro no marco de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais.


Fonte: AGADIC

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Sábado, 20 Abril 2024