Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Página Principal
    Página Principal Aqui Vostede pode encontrar todas as postaxes do blog
  • Categorias
    Categorias Mostra unha lista de categorias deste blog.
  • Tags
    Tags Mostra unha lista de tags utilizadas no blog.
  • Blogueiros
    Blogueiros Procura por seu blogger favorito neste site.
  • Equipos
    Equipos Encontre aqui seus blogs de equipo favoritos.
  • Login
    Login Formulário de login

A Agadic e o Instituto de Cinema portugués organizan en Ourense o I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia

por en Noticias
  • Tamaño da fonte: Maior Menor
  • Acessos: 4695
  • 0 Comentários
  • Increver-se para receber atualizacións
  • Imprimir
4695

A iniciativa, dirixida a produtoras na procura de socios estratéxicos para os seus proxectos cinematográficos e televisivos, terá lugar o 20 de novembro no marco da vixésima edición do OUFF

Os cinemas galego e portugués estreitarán lazos o vindeiro 20 de novembro en Ourense, onde terá lugar o I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia baixo a organización do Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal (ICA) e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).


A iniciativa, inserida no programa de actividades da vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), diríxese a aquelas produtoras audiovisuais de ambos os países con interese en establecer contacto directo con potenciais socios estratéxicos cara á coprodución de proxectos para cinema e televisión. O obxectivo final é ampliar as oportunidades de financiamento destas propostas e abrir novas canles de distribución e difusión, así como favorecer o intercambio de profesionais técnicos e artísticos entre Galicia e Portugal.

Inscrición
As empresas interesadas en participar neste foro bilateral de coprodución deben remitir ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do vindeiro xoves día 5 o formulario de inscrición, dispoñible para a súa descraga desde a sección de avisos do web www.agadic.info. A partir da información achegada polas compañías, as entidades organizadoras elaborarán un dossier para os participantes e organizarán a axenda cara ao desenvolvemento de reunións personalizadas.

O I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia terá lugar o venres 20 de novembro, a partir das 10.00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. As produtoras que acudan con proxectos en fase de desenvolvemento terán a oportunidade de facer unha presentación pública na sesión de 'pitching' coa que arrancará o evento. A continuación, darán comezo as roldas de reunións bilaterais entre compañías galegas e portuguesas, previamente concertadas pola organización.

0

Comentários

  • Neñum comentário. Seja o primeiro a comentar

Deixe seu comentário

Visitante Martes, 16 Abril 2024