Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

‘CINEMAS DE GALICIA’ RETOMA A SÚA PROGRAMACIÓN CON 36 NOVAS PROXECCIÓNS

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 1538
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
1538

A carteleira arranca esta semana coa exhibición de ‘O ouro do tempo’ este xoves no Cenima de Foz e de ‘Encallados’ o sábado na Casa da Cultura de Verín.

A actividade de ‘Cinemas de Galicia’ regresa a partir desta semana ao Carballiño, Foz, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Redondela e Verín para desenvolver un segundo período anual de programación. O público destes seis concellos en rede terán así a oportunidade de ver en pantalla grande unha escolma de destacados filmes, tanto internacionais como de produción galega, que non son doados de atopar nas salas comerciais.

Durante o último cuadrimestre do ano, este circuíto municipal de exhibición cinematográfica ofrecerá 36 novas sesións dun total de 19 títulos, dos que nove contan con participación galega: ‘9 ondas’, dirixida por Simone Saibene; ‘A árbore magnética’, de Isabel Ayguavives; ‘As altas presións’, de Ángel Santos; ‘Encallados’, de Alfonso Zarauza; ‘Inevitable’, de Jorge Algora; ‘O ouro do tempo’, de Xavier Bermúdez; ‘O pequeno mago’, de Roque Cameselle; ‘O raio’, de Fran Araújo e Ernesto de Nova, e ‘Os incribles’, de David Valero. 

Primeiras sesións

Esta nova carteleira arrancará este xoves día 17 no Salón de Actos do Cenima de Foz, que ás 20.30 horas exhibirá a produción de Xamalú Filmes ‘O ouro do tempo’, protagonizada por Ernesto Chao, Nerea Barros, Manuel Cortés e Marta Larralde. Esta película contou co apoio económico da Agadic a través da súa liña de subvención á produción audiovisual galega, no marco da que tamén se colaborou con ‘Encallados’, que poderá verse o vindeiro sábado 19, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Verín. Completan este circuíto municipal de pantallas cinematográficas o Auditorio Municipal do Carballiño, o Cine Alovi das Pontes de García Rodríguez, o Teatro da Beneficencia de Ortigueira e o Multiusos da Xunqueira de Redondela.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic, puxo en marcha ‘Cinemas de Galicia’ a finais de 2014 co dobre obxectivo de incrementar o número de salas cinematográficas da Comunidade e de ofrecerlles novas posibilidades de distribución aos filmes galegos que se atopan en fase de explotación comercial. Ao tempo, o circuíto contribúe a fomentar o hábito de ver cinema en pantalla grande, funcionando como complemento á actual oferta das salas comerciais, así como ao labor de difusión e de creación de públicos que desenvolven os diferentes cineclubes galegos.

A programación actualizada, o catálogo de 2015 e as fichas das películas están dispoñibles para a súa consulta no web www.agadic.info/cinemasdegalicia.

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Miércoles, 18 Julio 2018