Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Curtocircuíto, con 65 curtametraxes de 19 países, consolídase como referente para o cinema máis vangardista

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 1433
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
1433

Os cineastas Sergei Loznitsa e Abel Ferrara protagonizarán encontros co público no marco desta programación, que se estende por toda a cidade con propostas paralelas como concertos, ‘live cinemas’ e obradoiros.

O Curtocircuíto Festival Internacional de Cine desvelou o programa da súa décimo terceira edición, que terá lugar do 3 ao 9 de outubro en Santiago de Compostela. A organización seleccionou para as súas seccións competitivas 65 curtametraxes de 19 países entre os preto de 1.200 filmes inscritos este ano, cifra que dá conta da consolidación do certame e do seu papel referente para o cinema máis innovador dentro e fóra de Galicia.

A presentación do Festival correu a cargo do responsable da Agadic, quen participou nesta rolda de prensa xunto co alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o director do certame, Pela del Álamo.

Programación especializada

Incidiuse precisamente na suma de esforzos entre as Administracións públicas e as marcas e empresas patrocinadoras á hora de compoñer unha sólida base sobre a que construír iniciativas culturais ben asentadas e con valor de futuro. “Engadindo a estes piares unha programación especializada e de primeiro nivel mundial, sen esquecer a relación co seu ámbito territorial máis próximo e a proxección de creadores audiovisuais galegos conséguese un festival como o que hoxe nos reúne aquí”

Como en anos anteriores, as proxeccións audiovisuais incluídas tanto nas seccións competitivas (Radar, Explora, Penínsulas e Planeta GZ) como nas non competitivas (retrospectivas, Púlsar, Carta Branca, Noite Malandra e Numax Presenta...) complementaranse cunha serie de actividades paralelas que se estenderán por toda a cidade a través de concertos, ‘live cinemas’ ou obradoiros. Nesta edición, a nova sala de música ao vivo Riquela súmase ás xa habituais sedes do festival: Teatro Principal, Numax, Capitol, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e Unitaria.

Convidados internacionais

O cineasta norteamericano Abel Ferrara e o documentalista ucraíno Sergei Lozsnitsa serán dous dos convidados internacionais que este ano manterán encontros co público do festival, mentres que o crítico norteamericano Jonathan Rosenbaum, o artista sonoro Xabier Erkizia e o músico e especialista en arte conceptual Javi Álvarez serán os encargados de impartir tres dos obradoiros desta edición.

Outros nomes destacados no programa de 2016 son a brasileira Ana Vaz, protagonista da sección Púlsar; Chema Prado, quen foi director da Filmoteca Española durante 26 anos e presentará en Compostela una escolma das súas fitas favoritas, ou Pedro Maia, quen desde 2004 explora o concepto de ‘live cinema’, manipulando imaxes en tempo real e a súa relación co son.

En canto á programación musical, Curtocircuíto colabora coa asociación musical La Melona e co festival WOS para desenvolver unha carteleira de concertos, sesións electrónicas e ‘live cinemas’.

Colaboración do CGAI

Tamén no apartado de colaboracións, o festival e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) volven traballar xuntos para ofrecer na Coruña unha extensión do certame compostelán, neste caso a través das dúas sesións dedicadas a Sergei Loznitsa os días 7 e 19 de outubro

0

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 23 Septiembre 2018