Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

Festigal 2015. A consolidación dun desexo

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 1934
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
1934

25 de Xullo de 2015,  Sol de xustiza e miles de persoas reunidas en Compostela para festexar o Día da Patria Galega. Ambente festivo e grande expectación por ser testigos desta festa da cultura galega. Grandes bandas e intérpretes convocados nun marco de incomparable beleza, como a Carballeira de Santa Susana de Compostela.

 Tras un xantar multitudinario, amenizado con foliadas espontaneas, onde centos de músicos anónimos arráncanse a tocar polo simple feito de disfrutar. Tocando a música tradicional da terra, gaiteiros vocacionais, pandereiteiras, percusionistas e vocalistas de toda condición.

b2ap3_thumbnail_DSC06183.JPG

Tras este petisco musical, despois dun primeiro acto que tivo lugar na noite do 24, con grandes bandas e grupos emerxentes compartindo o escenario para amosar o seu bon facer: Caxade, Ruxe-ruxe,Sokram e as debutantes no Festigal, Maianas. A noite é un completo éxito. Altísimo nivel e grandes momentos

b2ap3_thumbnail_11781600_10155928771425455_8905125369185000487_n.jpgfoto: Festigal

 No programa para o serán do 25, programa variado, axeitado para tódolos públicos. O mago Antón co seu mestrado, demostrando que aínda segue a conservar o cetro entre os magos do país, nas primeiras horas de lecer nesta tarde inesquecíbel. Entre espectáculo e espectáculo, Ibuprofeno teatro deleitou á audiencia con alternando actos do seu espectáculo "o Furancho", da man das grandes Isabel Risco e Marián Bañobre

b2ap3_thumbnail_10301193_10207491149904814_7967304487330549347_n.jpg

E pouco a pouco a velada vaise animando. Carapaus continúa o programa cun concerto interesante, con moita animación por parte da audiencia, mentres o trasego nos postos exteriores tanto de livrarías como no mercadño é frenético. A multitude congregada é un continuo ir e vir.

O programa chega a un dos seus puntos culminantes co concerto de Familia Caamagno. Inesquecibéis ritmos clásicos dos 50 e 60 reinterpretados en clave galega por estes grandes intérpretes da nosa música, aderezados polo son do saxo, co seu son desenfadado, que solo eles saben aplicarlles ás súas composicións. Todo o mundo a baliar. Ambientazo

b2ap3_thumbnail_DSC06206.JPG

Como remate de festa, Superoito e a súa pegadiza mixtura entre post-punk e ska periurbán que tan ben saben interpretar os nosos amigos e que tanto gusta ao seu público. En resumidas contas, un festival, unha celebración, levada a cabo grazas ao esforzo de moita xente voluntaria, con longas quendas de traballo desinteresado aprol dunha cultura, a galega, que ten o seu futuro máis que garantido, como se puido comprobar nesta festa.

Adiante a todos e todas nesta aventura aprol da cultura galega. Voltaremóonos ver no Festigal 2016, no centernario das Irmandades da Fala. Parabéns

 

 

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Viernes, 20 Julio 2018