Os actos de homenaxe ao dramaturgo tiveron lugar en Pontevedra e en Vilanova de Arousa, onde destacouse a celebración dos 150 anos do escritor en 2016 para reforzar a difusión da súa vida e obra
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou nos actos de homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán que se celebraron esta mañá nos concellos de Pontevedra e de Vilanova de Arousa coincidindo coa data do aniversario do nacemento do dramaturgo, do que se cumpren 149 anos.
Na cidade do Lérez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na ofrenda floral en recordo do escritor organizada pola Fundación Valle-Inclán. Posteriormente, en Vilanova de Arousa, visitou na Casa-Museo do escritor a exposición ‘Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1930-1936]’, xunto co presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o alcalde do municipio, Gonzalo Durán, e mais a comisaria da mostra, Rosario Mascato.