Os galegos Xabier Díaz e Fernando Barroso incorpóranse a este laboratorio de creación musical colectiva no que tamén se integran artistas de Escocia, Gales, Arxentina e Uruguai.
A Xunta de Galicia forma parte do programa Nexo, impulsado polo British Council e Wales Arts International como laboratorio de creación musical colectiva para a interacción cultural entre Europa e América a través da posta en común de tradicións e linguaxes musicais de Galicia, Gales, Escocia, Arxentina e Uruguai.
Ademais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se integra no proxecto mediante a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), tamén colaboran nesta iniciativa Creative Scotland (Reino Unido) e Fundación SGAE.