Como remate a este intenso mes de Marzo e ao noso especial de entrevistas adicadas ás mulleres, entrevistamos a Tanxugueiras, trío de mulleres que fan música tradicional e de raiz desde Galiza, cunha gran proxección internacional.
Tanxugueiras son Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío. Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, xúntanse Olaia, Sabela e Aida nun encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comunión musical xorden desde o primeiro minuto.
Xosé Lois Romero Cajigal, nado en 1970, natural de Mera, Oleiros, é un músico e compositor galego. Formado desde neno na música popular galega, exerceu de percusionista en numerosas formacións tradicionais entre as que destacan os cuartetos Lelia Doura e Luvas Verdes. Desde 1995 é membro do Grupo Tradicional da AGADIC, dependente da Xunta de Galicia, onde realiza traballos de interpretación, investigación, docencia e publicación de material audiovisual sobre patrimonio musical galego.