Achegámonos ata a sala Normal, na Coruña para mergullarnos no mundo do primeiro comic galego aló polos 70, na exposición BDG70: A Revolta do Cómic Galego, da man de Manel Craneo.
Si, facíase cómic na Galiza nos 70. E en galego! Nunha época na que íso non so era considerado irreverente, senón tamén até perigoso. Nada ten que envexar a prolífica producción en banda deseñada galega aos títulos que colleran fama naqueles tempos no Estado Español. É máis, non cinguían o seu talento so ao lecer senón que utilizaban o cómic en galego como arma reivindicativa, de feito case ningún seguiu por ese camiño despois desta época.