A Axencia Galega das Industrias Culturais recibiu 52 propostas de libros para levar ás pantallas, que foron estudados por analistas de guión cara á organización de xuntanzas entre compañías con intereses comúns.
Os representantes de 27 empresas galegas dos sectores audiovisual e editorial daranse cita o vindeiro domingo 6 de decembro en Pontevedra, no marco de Culturgal, para participar na última fase do programa ‘Firma e filme’. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou para esa xornada máis de 50 reunións un a un entre compañías con intereses comúns na procura de novos proxectos de adaptación audiovisual de obras literarias galegas.
Dende Teuplace lamentamos profundamente o pasamento esta mañá do escritor Xosé Neira Vilas, referente único do orgullo e da identidade galega e símbolo, a través do seu ‘Balbino’, de varias xeracións. A figura do intelectual quedará honrada na historia da nosa Comunidade a través da súa obra, así como dos recoñecementos recibidos en vida, entre os que cómpre destacar a Medalla de Ouro de Galiza que lle foi outorgada este mesmo ano.
Neste sentido, tamén cómpre lembrar que o pasado ano 2014 recibiu o Premio da Cultura Galega, ademais de ser recoñecido coa Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e...