Gramola Gominola, Cantos contos de Nadal e ISIstorias de Nadal son tres das propostas de fomento do uso idioma que chegarán a 30 concellos da Rede entre o 22 de decembro e o 4 de xaneiro.
A Cidade da Cultura de Galicia acolleu a presentación da nova programación de actividades e os recursos para celebrar estas festas en galego dentro da cuarta edición do programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’.