Kalandraka, de MC Sports, de Nova Galicia e de Arnoia dan a coñecer o seu traballo nun stand propio nunha das citas profesionais do libro máis importantes.
O sector editorial galego participa estes días en Madrid na nova edición da feira internacional do libro Liber, onde os selos Kalandraka, MC Sports e Nova Galicia Edicións, xunto coa distribuidora Arnoia, contan cun stand propio para dar a coñecer o seu traballo e favorecer novas vías de negocio con outros axentes do sector.