Co obxecto do Centenario das Irmandades da Fala, un autobús cunha exposición, un aplicativo móbil para Iphone e Android, e unha páxina Web, fará un percorrido pola nosa xeografía
Asi mesmo, unha canción interpretada por un amplo grupo da nova creación galega -Poetarras, De vacas, Sés, Isabel Risco, Leo, David Amor, entre outros e outras- son as ferramentas das que Ora Galega e a área de Cultura da Deputación da Coruña botan man para difundir o legado das Irmandades da Fala no seu centenario.
A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, e Elvira Souto, Carlos Quiroga e Moncho do Orzán por Ora Galega presentaron este venres o proxecto iFala na Dársena da Coruña, primeira parada da rota que emprende esta iniciativa itinerante que percorrerá cidades e vilas do país espallando a "dimensión e a modernidade" das Irmandades da Fala.