Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta
Suscribirse a esta lista por medio de RSS. Ver entradas etiquetadas Guadi Galego
8513

Entrevistamos a Guadi Galego, unha das nosas grandes referentes musicais dende hai xa uns anos e que ven de ser galardoada co Premio Martin Codax da música.

Guadi Galego, natural de Cedeira, A Coruña, comeza a súa andaina musical sendo moi nova, estudando música no conservatorio da Coruña e música tradicional en distintos grupos da zona. No ano 1997 entra a formar parte do grupo Berrogüetto, no cal estivo dez anos exercendo como cantante e gaiteira.

Con esta banda acadou un grande recoñecemento internacional e gravou tres discos: Viaxe por Urticaria (1999) e máis Hepta (2001), ámbolos dous calorosamente recibidos pola crítica e obxecto de varios premios e recoñecementos, entre eles, o de Mellor Grupo Folk Europeo do ano 2000 e unha candidatura aos Grammy Latinos na súa edición de 2002.

Continuar leyendo
0
4345

Entre os premiados tamén se atopa Miguel Vial e as obras 'A viaxe de Gagarín' de Agustín Fernández Paz, 'Historia da literatura galega II' de Xosé Ramón Pena Sánez e 'Pan, Pan' de A Panadaría Teatro.

A  Fundación Premios da Crítica Galicia entregou os seus galardóns que nesta edición foron na categoría de música, para Guadi Galego; na categoría de iniciativas culturais, para Cineuropa; para Miguel Vila, na modalidade de cultura gastronómica; na de artes plásticas, para Xaquín Marín. En creación literaria a obra premiada foi “A viaxe de Gagarin” de Agustín Fernández Paz; en investigación, resultou galardoado o traballo “Historia da literatura galega II” de Xosé Ramón Pena Sánchez, e finalmente en artes escénicas a obra “Pan, Pan” de A Panadaría Teatro.

Continuar leyendo
0
4829
Guadi Galego abarrota o Castelo de San Antón – Festival Noroeste Pop Rock 2015, A Coruña Comezaba o concerto de Guadi Galego puntual, ás 22.30h deste luns 3 de agosto nun marco incomparable de enorme beleza como é o Castelo de San Antón na Coruña, e moita xente aínda agardaba na cola para entrar. De feito, foi tal o éxito de asistencia que @s que tiveron que dar volta sen vela laiábanse de que o lugar escollido polo Concello para acoller este concerto quedara tan pequeno. Visto o visto, sería bo que en próximas convocatorias as organizadoras emplazaran a artistas...
Continuar leyendo