Os bailaríns Miguel Ángel Ponte, Berta Secall, Astrid Molinero e Juan Miguel Hernández impartirán estes talleres gratuítos en diferentes datas ata o 18 de decembro.
O Centro Coreográfico Galego pechará o programa formativo que está a desenvolver na súa sede da Coruña durante este ano 2015 cunha oferta de catro novos cursos de danza clásica. Os bailaríns Miguel Ángel Ponte, Berta Sacall, Astrid Molinero e Juan Miguel Hernández impartirán estes talleres, de carácter gratuíto, que se desenvolverán en diferentes datas ata o 18 de decembro.
O xefe de estudos do Conservatorio Superior de Danza de Madrid 'María de Ávila' conducirá este encontro do 10 ao 12 de outubro na sede do CCG na Coruña.
Gonzalo Zaragoza regresará ao Centro Coreográfico Galego para impartir un curso de metodoloxía da danza clásica do 10 ao 12 de outubro. Os participantes afondarán nos métodos de aprendizaxe desta disciplina co xefe de estudos do Conservatorio Superior de Danza de Madrid 'María de Ávila', quen xa conducira outro encontro en xullo.
As persoas interesadas en participar neste novo obradoiro, pensado para profesionais, docentes e estudantes de danza clásica, teñen...