As catro categorías recoñeceron as mellores actuacións dos concellos polos que discorre o Camiño, as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, as pemes e as actividades de carácter académico, investigador ou educativo máis destacadas
Os galardóns da I Edición dos Premios Camiño de Santiago, promovidos por Turismo de Galicia, foron entregados esta mañá nun acto celebrado na Cidade da Cultura que contou coa participación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o xerente de Xacobeo, Rafael Sánchez, entre outras autoridades.