O DOG publica as bases polas que se rexerán as axudas do ano que vén á produción escénica, ás salas privadas, á promoción do talento audiovisual e aos festivais cinematográficos por un valor de 920.000 euros.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou o 28 de Decembro no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha primeira quenda das súas diferentes liñas de subvencións ao sector para 2016. Trátase de catro convocatorias que suman unha contía económica total adxudicable de 920.000 euros e que se dirixen en concreto á produción escénica, ás salas de titularidade privada, á promoción do talento audiovisual galego e aos festivais cinematográficos.