Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta

O CGAI repasa máis de cen anos de animación española a través do ciclo Do trazo ao píxel

por en Noticias
  • Tamaño de fuente: Mayor Menor
  • Visitas: 5240
  • 0 Comentarios
  • Suscribirse a las actualizaciones
  • Imprimir
5240

O programa, para o que se restauraron e dixitalizaron obras de difícil acceso, reúne 63 curtas e longametraxes, ademais dunha selección de 17 spots dos Estudios Moro

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) dedícalle un novo ciclo temático á historia da animación en España, que se desenvolverá arredor de oito sesións para ofrecerlle ao público o resultado dun exhaustivo traballo de investigación, revisión e recuperación de material histórico xunto con obras de produción recente. ‘Do trazo ao píxel. Máis de cen anos de animación española’ arranca mañá, ás 20.30 horas, cun primeiro programa titulado ‘Garabatos’, centrado na pegada que o humor gráfico deixou no cinema.

A responsable do departamento de Audiovisuais do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB), Carolina López, é a comisaria desta retrospectiva, coproducida polo CCCB e Acción Cultural Española, que se presenta na Coruña grazas á colaboración entre o CGAI, Filmoteca Española, Filmoteca de Cataluña, Movierecord, Tres60 BCN e Lobster Films.

O obxectivo é trazar un amplo percorrido pola historia deste formato na cinematografía española a través dunha selección que inclúe pezas históricas (desde 1908 ata 1975) e curtametraxes contemporáneas (de 1975 aos nosos días). Con tal motivo, restauráronse e dixitalizáronse obras de difícil acceso, ao tempo que se intentaron conseguir os mellores materiais de exhibición. Reuníronse un total de 63 curtas e longametraxes animadas de autores e técnicas diferentes, ademais dunha selección de 17 ‘spots’ dos Estudios Moro.

Representación galega
Esta escolma deixa constancia dalgúns temas recorrentes no cinema español de animación, como o reflexo das inquietudes políticas, o diálogo coas artes plásticas ou o vínculo co mundo da historieta. Este último centrará precisamente a sesión coa que se abre mañá o ciclo e que será presentada pola súa comisaria xunto cos responsables dos títulos galegos incluídos nesta selección: Alberto Vázquez, director de ‘Cirugía’; Ignacio Benedeti, produtor de ‘Minotauromaquia’; e Chelo Loureiro, produtora de ‘O Xigante’.

Este primeiro programa arranca co pioneiro Segundo de Chomón e ‘L’Araignée d’or’ (1908), un dos seus títulos máis sobresaíntes, que inclúe unha preciosa secuencia de debuxos animados. Ofrece tamén películas publicitarias, anuncios e outras fitas que testemuñan unha prolífica relación coas viñetas durante as catro primeiras décadas do século pasado, para finalizar con autores contemporáneos que tamén deben a súa popularidade á banda deseñada: Javier Mariscal e Calpurnio Pisón.

Calendario de proxeccións
O ciclo ofrecerá outras sete citas temáticas durante este mes de abril, cos seguintes títulos: ‘Baixo o xugo’ (día 14, ás 18.30 h), ‘Tempos modernos’ (día 14, ás 20.30 h), ‘Macián, o mestre’ (día 15, ás 18.30 h), ‘A pegada do artista’ (día 15, ás 20.30 h), ‘Humor e masacre’ (día 27, ás 18.00 e ás 20.30 h), ‘Destino Hollywood (e máis aló)’ (día 28, ás 18.00 e ás 20.30 h) e ‘A próxima xeración’ (día 29, ás 18.00 e ás 20.30 h).

‘Do trazo ao píxel’ vén a demostrar, pois, que os últimos filmes que colocaron a animación española no mapa internacional, como ‘Chico y Rita’ (2010), ‘Las aventuras de Tadeo Jones’ (2012) ou ‘Pos Eso’ (2014), son o resultado de anos de talento e traballo nesta industria. Na historia que traza o ciclo atopamos, ademais, algúns fitos sorprendentes, como ‘Garbancito de la Mancha’, a primeira longametraxe en cor animada de toda Europa.

Podedes consultar todas as proxeccións na Axenda de Cultura de Galicia.

0
Etiquetado en: Animacion Audiovisual CGAI Ciclo

Comentarios

  • No hay comentarios por el momento. Se el primero en enviar un comentario.

Deja tu comentario

Invitado Domingo, 22 Diciembre 2024