Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local
Nunha xuntanza coa súa directiva presidida por Carlos Ares adiantou as liñas de traballo no sector.
A área de Cultura da Deputación da Coruña está a traballar na promoción do audiovisual galego con cambios nas convocatorias para incluír as producións do sector e novas liñas que repercutirán na súa difusión e coñecemento.
Na xuntanza mantida coa directiva da Academia Galega do Audiovisual, Goretti Sanmartín destacou as principais novidades que afectan directamente ao sector como é a incorporación do cine á Rede Cultural, a creación dunha nova liña de axudas a festivais que sairá publicada proximamente así como o apoio a proxectos e programacións.
Pola súa banda, a representación da directiva, presidida por Carlos Ares, trasladou a Goretti Sanmartín as distintas iniciativas nas que están a traballar co fin de buscar o apoio da Deputación. Neste sentido, a responsábel da área de Cultura confirmou o apoio á realización dos Premios Mestre Mateo e adiantou a vontade de participar tamén nos Premios Mari Luz Morales de investigación.