Blog de tuplace

Este será un espazo de encontro cos auténticos artífices e protagonistas da actualidade cultural, artística e de lecer a nivel local

  • Inicio
    Inicio Aquí es donde puedes encontrar todas las publicaciones del blog.
  • Categorías
    Categorías Muestra una lista de categorías de este blog.
  • Etiquetas
    Etiquetas Muestra una lista de etiquetas que se han utilizado en el blog.
  • Bloggers
    Bloggers Busca a tu blogger preferido.
  • Blogs de Equipo
    Blogs de Equipo Busca tu equipo de blog preferido aquí.
  • Acceder
    Login Tu cuenta
Suscribirse a esta lista por medio de RSS. Ver entradas etiquetadas Ourense
4293

Trátase da segunda edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

o Ciclo abriuse no ourensán Campus das Lagoas da Universidade de Vigo o II Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A literatura infantil e xuvenil preséntase como unha porta de entrada ao mundo e tamén á lingua galega. “Que o idioma lles chegue aos nenos e nenas, ademais de por outras vías, a través de historias divertidas, emocionantes, fermosas –dixo– é unha carta de presentación que aumenta o aprecio e o valor que os nenos lle dan ao galego”.

Continuar leyendo
0
33151

A carteleira inclúe recitais de Les Éléments, Katonia Twins Guitar Duo, Manuel Vilas, Capella Duriensis, Emilio Villalba e Sara Marina, laReverdie e Spanish Brass Luur Metalls.

O Festival Internacional de Música de Ourense ‘Pórtico do Paraíso’ celebrará a súa novena edición do 4 ao 13 de marzo cunha programación que inclúe sete concertos a cargo de formacións de cámara procedentes de varios países, unha conferencia de Cecilia Rodrigo e varios encontros entre intérpretes.

Continuar leyendo
0
25864

O encontro, que se inaugura o 14 de novembro coa estrea de ‘Lobos sucios’, de Simón Casal, desenvolverase ata o día 22 en catro espazos da cidade.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que proxectará máis de 30 películas do 14 ao 22 de novembro en catro espazos da cidade e incorpora, entre outras novidades, un encontro de coprodución entre Galicia e Portugal organizado pola Agadic.

Promovido polo Concello de Ourense co obxectivo de contribuír á difusión en Galicia do cinema actual de todas as nacionalidades e de dar visibilidade á produción audiovisual galega, o OUFF 2015 combina o labor de estímulo para a creación cinematográfica a través dunha competición oficial á que este ano concorren dez películas (‘Dark Horse’, ‘Teito e comida’, 'Killing Time', 'The Sinking of Sozopol’, ‘Brindgend’, ‘A vida despois’, ‘A noiva’, ‘Bambanti’, ‘O comezo do tempo’ e ‘A decisión de Julia’), con outras seccións paralelas destinadas ao recoñecemento do cinema galego, á presentación de filmes inéditos na nosa Comunidade ou á exhibición de documentais.

Continuar leyendo
0
5947
Presenta espectáculos de 18 compañías. As compañías galegas Matarile, Lucecús, Matrioshka, Elefante Elegante, Funboa, Mulleres Creando e o teatro de rúa de Trécola comparten carteleira con formacións doutros puntos de España, Portugal, Francia, Italia, Suíza, Bolivia e Arxentina. A Agadic apoia a celebración do VIII Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que se desenvolverá do 2  ao 12 de outubro coa participación de 18 compañías de distintos xéneros e procedencias. O abano de propostas comprende as producións de sete compañías galegas e de 11 doutros puntos España, Europa e Latinoamérica. Organizado por Sarabela Teatro e dirixido por Ánxeles Cuña,...
Continuar leyendo
0
38462
Este bimestre ofrecerá un ciclo dedicado á produtora francesa Gaumont e outro á produción cinematográfica posterior á revolución dos caraveis, entre outros contidos. O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) inicia a súa nova temporada de actividade, que vai de setembro de 2015 ata xuño de 2016, cunha programación bimestral que se levará a cabo de xeito simultáneo na súa sede da Coruña, no Cineclube Padre Feijoo de Ourense e, por vez primeira, no Cineclube Lumière de Vigo. O calendario de proxeccións audiovisuais promovido polo CGAI, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, comeza con...
Continuar leyendo
0
Etiquetado en: CGAI Coruña Ourense Vigo
4439
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volverá apoiar economicamente o Concello de Ourense na organización do OUFF (Ourense Film Festival), que desenvolverá a súa vixésima edición do 14 ao 22 de novembro. Así se recolle no convenio de colaboración asinado en Santiago polo director da Agadic, e o alcalde ourensán, Jacobo Sutil e Jesús Vázquez Abad, respectivamente, do Partido Popular. Este documento define como “esencial” o establecemento de accións conxuntas entre ambas as entidades para afondar na promoción e potenciación do sector audiovisual galego a través da colaboración no OUFF, que “destaca...
Continuar leyendo
0
Etiquetado en: Agadic Cine OUFF Ourense
6511
A programación inclúe grandes nomes da dirección e da interpretación teatral, como Magüi Mira, Tamzin Townsend, Concha Velasco, Charo López ou Silvia Marsó O Teatro Principal de Ourense presentou hoxe a súa nova temporada de actividade, que inclúe ata finais de decembro un total de 31 espectáculos de teatro, danza e concertos de distintos estilos a cargo tanto de formacións galegas como de grandes nomes da dirección e da interpretación española. O director da Axencia Galega das Industrais Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jacobo Sutil, participou esta mañá na rolda de prensa na que deu conta...
Continuar leyendo
0